Os DOMINGOS A PÉ están concibidos como unha xornada de lecer para mulleres aproveitando o exercicio físico, o goce da natureza e o trato coas compañeiras de camiño. Nesta ocasión, o domingo 19 de abril realizarase o roteiro “Cangas de Foz-Foz: pola costa”, guiado por Teresa Díaz, da Asociación Pena Tallada. A saída está prevista para as 11.15 horas da estación de tren de Ribadeo e a volta para as 18.00 horas. É aconsellable levar roupa e calzado cómodo, así como o xantar, xa que se parará polo camiño. Para participar nos domingos a pé do día 19 de abril, é necesario inscribirse nas Oficinas do CIM (rúa Bos Aires, s/n (Auditorio) de Ribadeo ou chamando ao número de teléfono 982 120 739.
Roteiro organizado polo CIM de Ribadeo
Roteiro organizado polo CIM de Ribadeo
Relacionado
-
Xa se coñecen os traballos que resultaron gañadores do certame de narración e debuxo infantil de Cervo convocado con motivo das Letras Galegas
-
Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”