A programación das Feiras e Festas de As Quendas para este 2015 inclúe a tradicional feira de gando cabalar xunto a actividades culturais, deportivas e musicais que se desenvolverán entre o xoves 30 de abril a o domingo 3 de maio.
O día un é o día grande das feiras e festas de As Quendas, pero a celebración xa arrinca o 30 de abril co pregón ás 20.15 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga, pronunciado por Patricia Martínez Paz (mellor nota de Galicia na proba de acceso á Universidade no 2014 e Premio Extraordinario de Bacharelato). Á noite actuará a orquestra Capitol e a artista revelación galega Mar Davila.
Venres 1 de maio
O venres 1 de maio, ademais da Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar As Quendas que dará comezo ás 09.00 horas e que veu incrementado orzamento dos seus premios nun 14%, a programación inclúe no seu día grande a actividade cultural Mondoñedo é Poesía, que convoca nesta segunda edición (tras o éxito da do 2014), a 13 poetas, tres músicos e arredor de 20 debuxantes que amosarán as súas creacións en diferentes rúas, prazas e espazos da cidade e do Auditorio Municipal.
A maiores, o día un de maio tamén terá lugar a IV Edición das Xornadas Gastronómicas da Carne de Poldro, con degustación de balde na Alameda dos Remedios, servida polo Bar Pulpería “O Bigotes”, entre as 13.00 e as 14.00 horas e as 20.00 e as 21.30 horas. Durante todo o día tamén haberá degustación de empanada nos locais de hostalería da cidade.
A xornada rematará coa actuación na Alameda das orquestras Principal e D’Moda.
Sábado 2 de maio
O sábado 2 de maio celebrase a actividade deportiva Pequebásquet, un encontro entre decenas de rapaces de toda a provincia que poderán desfrutar dunha xornada de deporte e cultura ao tempo que conviven con outros nenos e nenas. Os rapaces, segundo asegura Miguel Souto, xogarán varios partidos de baloncesto onde “o resultado non existe, pois ganar e perder é o de menos. Queremos que todos ganen”. Esta actividade dará comezo ás 11.00 horas, no pavillón de deportes.
Durante esta xornada continuará tamén a celebración das xornadas gastronómicas de carne de poldro nos bares e mesóns da cidade; e ás 17.00 horas, no recinto da Granxa, terá lugar a Exhibición e Concurso Hípico de Salto a cargo de Hípica Ecus de Lugo. Tamén ás 11.30 horas, celebrarase a Ruta Cunqueiriana, guiada por Xosé Ruíz Riz, aberta a todo o público e no que se levará ao visitante polos lugares máis frecuentados polo xenial escritor mindoniense.
A música nesta xornada correrá a cargo das orquestras Salsarena e Montreal e as 21.30 horas terá lugar o concerto acústico de Kiko&Shara, no auditorio municipal Pascual Veiga. A entrada é de 10 euros e o teléfono de reservas é 665 892 419.
Domingo 3 de maio
As actividades deportivas continuarán o domingo día 3. As 08.30 horas arrincará a primeira Carreira de Montaña “A Toxiza Classic Xtreme”. O presidente da Asociación as San Lucas explica que se trata dunha carreira de montaña de 40 quilómetros de percorrido de carácter popular, con saída da praza da catedral de Mondoñedo e que percorrerá os montes máis emblemáticos da zona: A Toxiza, a reserva natural da Fragavella e a Pena da Roca.
No último día das feiras e festas de As Quendas as Xornadas Gastronómicas da Carne de Poldro tamén continuarán nos locais de hostalería mindonienses, con tapeo nos bares e mesóns da cidade con carne de poldro galego.
Por último, ás 18.00 horas terá lugar unha xornada de Xoldra Teatro no Auditorio Pascual Veiga e a mediodía a sesión vermú correrá a cargo da Orquestra Montreal.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



