Santiago, 23 de abril de 2015.- Turismo de Galicia continúa a promover a oferta turística da comunidade galega no ámbito internacional, neste caso coa organización de dúas viaxes de familiarización nas que participan dous xornalistas chineses e outro procedente de Alemaña.
Na primeira destas viaxes, organizada en colaboración coa Oficina de Turismo de España en Guangzhou e o Instituto Español de Comercio Exterior, ICEX, dous xornalistas procedentes da provincia chinesa de Cantón, visitarán as Rías Baixas e varias empresas de produtos relacionados co mar así como unha adega da Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas.
Así mesmo, na súa estadía na comunidade galega, os xornalistas chineses visitarán no día de hoxe a empresa produtora de algas Portomuiños e achegaranse a Vilagarcía de Arousa e a adega Pazó de Señoráns.
Ademais, visitarán a sede do Consello Regulador do Mexillón de Galicia e desprazaranse ata Cambados para visitar unha fábrica de conservas.
Por último, estes xornalistas asiáticos farán unha completa visita ao porto de Vigo.
Reportaxe na revista Ecos de España
Pola súa parte, o xornalista procedente de Alemaña Juan Ramón García, realizará un percorrido en bicicleta polo Camiño do Norte na Mariña Luguesa. Ademais visitará a cidade de Santiago de Compostela, nunha viaxe organizada tamén por Turismo de Galicia.
Deste xeito, este xornalista alemán realizará as etapas do Camiño do Norte comprendidas entre Ribadeo e Mondoñedo, Mondoñedo-Vilalba e Arzúa-Santiago de Compostela.
Juan Ramón García contará a súa experiencia en Galicia nunha reportaxe na revista Ecos de España que se edita en Alemaña para os alemáns interesados na cultura e a lingua españolas.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



