A Xunta de Goberno deste venres vén de aprobar un plan de mellora dos accesos ás praias da Mariña por valor de 401.216 euros. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, explicou que se trata dunhas actuacións que responden a peticións realizadas polos veciños que solicitaron incluír nos Orzamentos de 2015 e que, polo tanto, deben ser executadas neste ano.
Destacou, ademais, que “estas melloras son especialmente necesarias neste momento tendo en conta que, de cara á chegada das altas temperaturas e á tempada de verán, aumenta considerablemente a intensidade do tráfico nestas vías”, polo que teñen que estar realizadas o antes posibles para evitar maiores trastornos aos usuarios.
Así pois, o organismo provincial acometerá melloras nun total de 6,57 quilómetros mediante o acondicionamento do firme co uso de dobre capa de aglomerado en quente; limpeza e reapertura de cunetas e reforzo da sinalización. As estradas nas que se intervirá son as seguintes:
– A LU-P-0610, que dá acceso ás praias de Altar, Reinante e Os Castros, no Concello de Barreiros, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 4,450 e 7,450. O orzamento previsto é de 142.321 euros.
– A LU-P-2011, de acceso á praia de Llas dende Marzán, no Concello de Foz, cunha inversión de 39.098 euros para a mellora do treito entre os puntos quilométricos 0,178 e 0,464.
– As LU-P-5206 e LU-P-5208, que supoñen dous accesos diferentes á praia dos Castros, en Ribadeo. No caso da primeira delas, actuarase entre os p.k. 0,206 e 0,906; no caso da segunda, do p.k. 0,000 ao 0,655. Son en total 1,55 quilómetros en cuxa mellora investiranse 68.804 euros.
– A LU-P-6405, que dá acceso á praia de Xilloi, no Concello do Vicedo, entre os puntos quilométricos 2,070 e 3,440, ao que hai que engadir o propio ramal de acceso á praia, sumando uns 1,5 quilómetros. O importe da mellora neste caso é de 90.942 euros.
– A LU-P-6412, que une Viveiro coa praia de Abrela no Vicedo. O tramo obxecto de actuación é o comprendido entre os puntos quilométricos 0,150 e 1,175, no Concello de Viveiro, cun orzamento de 60.048 euros. Deste xeito, complétase a mellora total da vía, posto que no tramo do Vicedo xa se actuara no seu momento.
*Foto de arquivo.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



