Viveiro, 21 de maio de 2015.- O BNG de Viveiro presentou este xoves á mañá o programa en emprego e economía. Para os nacionalistas, a creación de emprego ten que ser a prioridade absoluta. Para iso afirman “non podemos permitir que pasen catro anos máis e que o polígono de Landrove continúe practicamente vacío, ou que as empresas se asenten noutros concellos. Temos que apostar por él de forma clara, por iso reduciremos a cero o coste das licenzas de obra no polígono industrial de Landrove”.
Ademais, afirman que farán un Plan de emprego, con prácticas concertadas con empresas, optimizarán a bolsa municipal de emprego e crearán un Viveiro de empresas.
Para mellorar a formación de mozas e mozos, poñerán en funcionamento a escola taller de Chavín, e potenciarán a realización de cursos de formación dende o propio concello.
Con respecto á área de economía do Concello, Bernardo Fraga afirmou “Elaboraremos orzamentos anuais, coa participación das veciñas e veciños e explicándoos por todas e cada unha das Parroquias do Concello, antes da súa aprobación no Pleno Municipal. Ademais, reduciremos o tempo medio de pago proveedores ata 30 días, cando hoxe está en máis de 177 días, segundo os datos oficiais.”