Burela, 29 de maio de 2015. Dan comezo as festas patronais de Burela este mesmo venres ata o martes 9 de xuño con infinidade de actividades. O pregón de Martín Barreiro, meteorólogo de TVE, será este sábado. O alcalde en funcións, José Mª González Barcia, sinala que son días para gozar entre amigos e coa familia e felicita á comisión organizadora polo traballo realizado.
O rexedor dixo que “hoxe comezan as festas patronais aquí, en Burela, uns festexos que son momentos para gozar coa familia e cos amigos. E tamén para honrar á nosa patroa, a Virxe do Carme, e ao patrón, San Xoán Bautista. Estas festas, que nacen moi vinculadas ao mundo do mar, e hoxe son festas para todos”.
González Barcia cre que “a comisión de festas ten preparado un programa realmente atractivo e moi interesante. Polo tanto hai que felicitar ás persoas que forman parte desta comisión polo traballo feito durante estes dous meses. É moi complicado hoxe en día organizar unhas festas patronais. Todo o mundo quere que se celebren as festas do seu pobo, pero moi pouca xente participa de forma directa para organizalas. Tamén hai que agradecerlles ás persoas e ás entidades, ás empresas, aos negocios, aos comercios, etcétera que colaboran de forma activa para que estas festas sexan realidade”.
O alcalde burelés anima “xa non como alcalde senón como veciño, a que todos os residentes de Burela participen de forma activa e tamén a todas as persoas doutros concellos a acercarse a Burela estes días porque seguro que serán ben recibidos”.
O programa dará comezo esta tarde ás 20 horas coa Festa de Cabo Verde na praza de abastos. Ás 21 horas terá lugar unha misa en honra da Virxe do Carme e baixada da imaxe desde a igrexa da Vila do Medio á parroquial. E xa ás 23:30 horas concerto de rap do grupo North Players, na praza da Mariña. Mañá, sábado, haberá tenis e xadrez. Ás 20 horas o meteorólogo da TVE Martín Barreiros pronunciará o pregón das festas patronais de Burela na Casa da Cultura. No acto tamén se presentará a raíña e as dúas donas de honra e actuará a Xove Orquestra Municipal de Burela. Pola noite verbena con Magos de España.
O domingo, 31 de maio, está dedicado ao traxe rexional e aos nen@s. Os días grandes das festas serán os da primeira fin de semana de xuño.
Palilleiras
Este sábado, 30 de maio, tamén se celebra en Burela o IX Encontro de Palilleiras. “Tamén mañá vamos contar cunha nova edición do encontro de palilleiras, no que aproximadamente unhas 850 persoas se van dar cita na nave de redes. E, sen dúbida ningunha, este evento é un dos máis destacados que temos en Burela, porque aparte de estar moi vinculado coa cultura mariñeira, precisamente de aí a coparticipación na organización da Fundación Expomar, ademais dinamiza moitísimo o tecido socioeconómico, xa que son 850 persoas que van estar en Burela mañá durante practicamente todo o día e iso vaise notar seguramente na dinamización, aínda que sexa por un día só, da nosa economía. Polo tanto hai que felicitar tamén á asociación de mulleres encaixeiras e palilleiras de Burela polo traballo que están facendo, que é un labor importante e sacrificado, exactamente igual que o da comisión de festas, e que eu entendo que se debe seguir apoiando desde o Concello”.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



