Luis Alfonso Sixto – Señores/as do PP de Foz, con respecto á súa alusión feita á miña persoa no seu último escrito no que me comparaban cun antiguo afiliado do seu partido, exlíder de UNIFOZ e agora candidato do PSOE, teño que puntualizarlles unha serie de datos, e voullo a facer de forma moi nítida:
-LUIS ALFONSO SIXTO non é Xaime Cancio, PORQUE EU NON VOU A PERMITIR QUE ESTA DEREITA GOBERNE FOZ.
-“FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO” non é UNIFOZ porque NÓS NON VAMOS A POÑER EN VENTA OS VOTOS DA XENTE QUE CONFÍE EN NÓS PARA INTENTAR ENTRAR NUN GOBERNO DE DEREITAS.
-LUIS ALFONSO SIXTO é o representante dunha iniciativa veciñal humilde pero cunha gran dignidade, que vai a cambiar a bronca polo progreso deste pobo. A cada desprecio da vella política, unha proposta nova.
-LUIS ALFONSO SIXTO nunca cobrou un só euro do erario público porque na miña vida o único que fixen foi traballar por unhos ideais de progreso e igualdade social para o meu pobo, sen nada a cambio. “Igual” que todos eses compañeiros seus deste PP á deriva que saen nos sumarios de todas as televisión nacionais a diario.
-LUIS ALFONSO SIXTO non ten medo a naide porque ten unha marea de xente detrais que ansía unha oportunidade para participar, crear, opinar, impulsar e cambiar este pobo farto de sectarismos que non interesan aos veciños.
“Foz, Plataforma de Futuro” é un bola de neve que medra imparable, un estallido de respetabilidade, xuventude, coherencia e ganas de volver a situar a Foz como referencia social, económica e cultural de vangarda na Mariña.
Camiñamos infatigables cara un cambio que chegará o 24 de maio a Foz.
Somos ilusión!




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



