Cadernos da viaxe. Xosé Filgueira Valverde, a quen conmemoramos no vindeiro Día das Letras Galegas, é unha figura cultural de primeira orde que sería, con xustiza, o orgulo de calquera país europeo. As súas achegas a diversas ponlas da nosa cultura son dun valor innegábel. Malia que, quizais, sexa responsábel por omisión de ter agachado Castelao no Museo de Pontevedra, a pesares de contar con tanta obra do noso Daniel.
Canto ao seu labor político, Filgueira foi fídel ao seu conservadurismo fundando Dereita Galeguista no 1935. Un partido que podería ter desenvolvido un rol fundamental na República para atraer aos sectores católicos do País, ao xeito da Uniò catalá do mártir Carrasco Formiguera. De feito, o abraiante trunfo do Si e máis a alta participación do referéndum do Estatuto galego do 28 de xuño do 1936 quizais non se poida entender sen a colaboración da Dereita Galeguista, que mesmo chegou neutralizar o pulo centralista doutras dereitas.
Agora ben, o que si resulta incompatíbel con todos os parámetros éticos da democracia europea é a súa participación activa no franquismo, chegando ser alcalde de Pontevedra e procurador nas Cortes da Ditadura nos 50 e 60 do século pasado. Porque esta actuación non constituía esixencia ningunha do seu conservadurismo nin da súa catolicidade e si unha plena integración consciente no aparello institucional dun Réxime ilexítimo e opresor, baseado na prolongación da loita civil e na liquidación ou invisibilización do inimigo. Abondan os exemplos de milleiros de persoas que, dende os supostos parámetros ideolóxicos de Filgueira, rexeitaron cargos no franquismo. Tolerarmos eticamente a súa participación política canda o xeneral Franco é incríbel dende a óptica de calquera europeo demócrata.
Podemos, pois, recoñecer os grandísimos méritos culturais do pontevedrés e a súa achega sobranceira ao noso acervo cultural. E mesmo conmemoralos sen restricións. Mais sen esquecer que, canda Heidegger, Carl Schmitt ou Marinetti, o seu activismo político durante o franquismo é incompatíbel coa ética democrática e non terá perdón de Deus por moito tempo que pase.
Xoán Antón Pérez-Lema
















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



