O acto de inauguración da exposición “As embarcacións tradicionais do arco ártabro até Ribadeo” será o vindeiro sábado 16 de maio, ás 19.00 horas na sala de usos multiples do Concello de Viveiro. No acto intervirá o especialista Víctor Fernández, da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. A entrada é libre até completar o aforo.