Outro ano máis un gran pelotón do ED Lourenzá Ciclismo participaba nesta xa mítica proba, que reunía a máis de 1500 participantes na modalidade de BTT.
Este ano foi o mellor para o club laurentino; xa que todos puideron acabar a proba sen percances e Isabel Picoaga López lograba quedar na segunda posición na súa categoría. Ademais Javier Legide (Peixe) remataba como 5ª mellor clasificado entre os veteranos.
Resultados por orde:
18 – 05:43:50 Legide Gonzaález, Javier (5º)-MTB VETERANO A Masculino
141- 06:47:15 Álvarez Chao, Francisco (81º)-MTB SENIOR Masculino
5- 07:31:36 Picoaga López, Isabel (2º)-MTB VETERANO A Femenino
262- 07:31:37 Longarela García, Juan Jose (150º)-MTB SENIOR Masculino
263- 07:31:37 Casal Crego, Javier (151º)-MTB SENIOR Masculino
559 08:37:35 Blanco Da Mata, Marcial (264º)-MTB VETERANO A Masculino
629 08:55:36 Romero López, Ramiro (291º)-MTB SENIOR Masculino
880 09:47:28 Rubal Oubiña, Miguel (464º)-MTB VETERANO A Masculino
882 09:47:29 Vidal Leivas, Diego (378º)-MTB SENIOR Masculino
883 09:47:31 Doural Gomez, Jorge (465º)-MTB VETERANO A Masculino






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
