Por terceiro ano consecutivo, a entrega dos Premios INLUGO servirá como broche de ouro ao Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO. O obxectivo destes galardóns, postos en marcha pola Deputación de Lugo, é recoñecer aquelas iniciativas, persoas ou organizacións da provincia luguesa que destaquen polo bo uso de Internet e novas tecnoloxías en diferentes ámbitos.
Para esta edición recolléronse máis de 50 candidaturas entre as catro categorías establecidas: Comercio, Lecer e Restauración; Educación e Formación, Cultura e Social e Tecnoloxía. A cantidade de propostas recibidas demostra, un ano máis, o interese que suscitan estes premios entres os distintos sectores da provincia luguesa.
Un xurado formado por membros da Deputación de Lugo valorará todas as candidaturas presentadas e escollerá un gañador para cada unha das catro categorías. A cerimonia de entrega de premios terá lugar o próximo sábado 9 de maio de 2015 desde as 20.00, no marco do III Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO. O gañador de cada categoría recibirá, ademais do recoñecemento do público e do xurado, unha figuriña e un iPhone 6 de 128 gb de capacidade.
Máis información en www.deputacionlugo.org e www.inlugo.com.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



