Foz, 11 de maio de 2015.- O candidato á Alcaldía por “Foz, Plataforma de Futuro”; Luis Alfonso Sixto Legaspi fai un chamamento á cordura aos candidatos das distintas formacións políticas logo do último debate electoral celebrado na Casa da Cultura de Foz, onde o sectarismo para descalificar ao oponente desluciu o debate.
Dende a nosa iniciativa censuramos o espectáculo lamentable con ataques personais, amenazas de denuncias e feos xestos ao que por outra parte nos tenen acostumados esta xeración de políticos. “O sentido común ten que barrer esta rancia forma de facer política”.
Non podemos permitir outros catro de anos de parálisis de Foz, ao pleno municipal debemos ir na búsqueda do progreso do pobo e non a estar enfrontados dende o primeiro minuto por mor do sectarismo dos de sempre.
“Foz, Plataforma de Futuro” é a esperanza de cambio real fronte a un goberno accidental que acadou o poder con unha falacia, como foi a fantasía do Megaporto, e vai voltar á oposición con outra falacia ainda maior, como é o relato do “milagro económico” de Castiñeira.
Por iso IMOS A GAÑAR as votacións do 24 de maio, para dignificar a política e que unha nova xeración abra as portas e ventanas do Concello de Foz á participación das maiorías.
As primeiras tres medida que imos a tomar de forma urxente serán:
-Plan de recuperación das zonas degradadas (limpeza, arranxo de mobiliario urbano e parroquias, limpeza…)
-Posta en marcha do Consello Veciñal que articule a participación das forzas vivas do pobo
-Xuntanza coas formacións políticas do pobo para a búsqueda de consensos sobre os pilares do futuro de Foz.
Vamos a construir unha alianza veciñal de progreso dende a comunidade, dende a parroquia, dende o barrio. Estaremos no derradeiro sitio en que se faga política no Concello de Foz para incorporar esa reflexión ao debate municipal.
Novas enerxías, novas caras, máis coherencia, máis respeto, de cara ao pobo.
Esa é a nosa marca, outra forma de facer política para un cambio en Foz, e CAMBIAR SIGNIFICA GAÑAR.


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



