Marco López, candidato do BNG-Asembleas Abertas á alcaldía de Xove, manifestou onte que “a pegada indiscriminada de carteis en cada proceso electoral dá mala imaxe no noso concello”. Por esta razón, o portavoz nacionalista lembrou a aprobación por unanimidade na cámara municipal dunha moción do seu grupo, debatida no pleno celebrado o 17/10/2011, que “foi respectada por todos os grupos políticos e en todas as convocatorias electorais até o de agora”. Desde o Bloque xovense amosáronse desconcertados pola actitude do PP “por seren incapaces de cumprir as normas aprobadas por eles mesmos” e advertiron que unha medida exemplarizante coma esta “vén de ser eliminada unilateralmente polos populares á primeira de cambio”. Marco López preguntouse se “este é o mellor exemplo que deben dar as institucións públicas á cidadanía” e preguntouse “de que maneira pode unha administración esixirlle o cumprimento das normas aos veciños se o Goberno local despreza os seus propios regulamentos municipais”.
O candidato á alcaldía polo BNG entende que a irresponsabilidade do PP local provoca que, elección tras elección, “os carteis electorais se manteñan varios meses, e incluso anos, pegados nos muros e valados”. Iso, segundo o voceiro do BNG, responde a un “modelo obsoleto” de ausencia de compromiso cos valores medioambientais e estéticos “que non pode ter cabida no noso municipio”, e invitou ao PP a cumprir as súas propias normas colocando a propaganda electoral nos lugares debidamente indicados e sinalizados polo Goberno municipal.
Marco López manifestou que no Bloque xovense “estamos comprometidos cos valores medioambientais e estéticos” e sinalou tamén que “igual que os colocaron, pensamos que é de xustiza retiralos”. Nesta mesma liña, dixo que a iniciativa aprobada no pleno tiña o obxectivo de evitar a “pegada indiscriminada” de carteis e facer de Xove un “concello modelo” co apoio de todos os grupos políticos. O portavoz nacionalista insistiu no respecto ao acordo plenario do 17/10/2011 e recalcou que, así, “daremos unha imaxe moderna e civilizada, o que contribuirá a facer de Xove un municipio atractivo e coidadoso co noso entorno”.
















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



