Foz, 19 de maio de 2015.- O Sábado día 16 de maio celebrouse en Vilalba o Campionato provincial de tenis de mesa na súa modalidade escolar, no programa XOGADE da Xunta de Galicia. O Martínez Otero de Foz acodía a este campionato con CINCO equipos nas categorías benxamín mixto, alevín feminino (2 equipos) e infantil masculino e feminino.
Acadáronse 4 cuartos postos, en tódalas categorías, e unha medalla de ouro para o equipo alevín feminino, despois de imporse na final contra o potente clube “10 portas” de Lugo. Este equipo está composto polas seguintes xogadoras do primeiro ano da categoría: Uxía Lamelas, Chiara Maierú e Candela Castro.
O mesmo día 16 , en Xove, tivo lugar un torneo de xadrez para a categoría prebenxamín (nenos e nenas nados no 2007 ou posteriores). O Colexio MArtínez Otero estivo representado por 16 xogadores/as acadando os dous primeiros postos na clasificación final:
1º Hugo Teijeiro e 2º Christian Taboada.
O domingo , 17 de maio, celebrouse, no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, a final provincial de atletismo en pista. O Martínez Otero, con 25 atletas clasificados, acodeu con 22 deles (Houbo dúas baixas por enfermidade), e obtivo 10 medallas (unha de ouro, 5 de plata e 4 de bronce):
OURO:
Xavi García e salto de altura alevín masculino
PRATA:
Florencia Huamán en peso e disco infantil feminino
Jonathan Varela en 50 m.l. benxamín masculino
Cecilia de Jorge en salto de lonxitude benxamín feminino.
Ana Fernández en lanzamento de peso alevín feminino
BRONCE:
Javier Bustos en altura infantil masculino
W. Javier Ramírez en 500 m.l. benxamín masculino
Cecilia de Jorge en altura benxamín feminino
Lucía Rodríguez en disco infantil feminino.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
