Cervo, 19 de maio de 2015.- Os socialistas de Cervo celebraron este martes pola tarde un mitin no que o candidato á alcaldía, Francisco Mon Fernández, apostou por potenciar o turismo e o medio ambiente como motor económico do municipio mariñano. Mon subliñou a necesidade de acabar “coa pasividade e deixamento” do goberno municipal do PP, poñendo numerosos exemplos desta inacción, entre eles o proxecto da residencia da terceira idade, “que debería estar rematada no ano 2012, e aínda é hoxe o día no que non está, nin se lle espera”.
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o voceiro socialista no Parlamento de Galicia, José Luis Méndez Romeu, arrouparon ao candidato do PSdeG nun acto que tivo lugar no salón de actos da Casa do Concello.
Francisco Mon recalcou que, fronte á parálise e esgotamento do PP, os socialistas teñen medidas claras e concretas para recuperar poboación en Cervo e impulsar un modelo económico e produtivo baseado no turismo e o medio ambiente, “que son o motor económico e a fonte de riqueza do noso concello”.
Nesta mesma liña incidiu a número 2 da lista do PSdeG cervense, Luján Ramos Ben, quen asegurou que os socialistas “temos ganas, ilusión, compromiso e proxecto para sacar a Cervo adiante e convertelo nun concello vivo e puxante”, ademais de garantir “os piares do benestar a nivel municipal: os servizos sociais, a educación e a sanidade”.
A Vicepresidenta da Deputación asegurou pola súa banda que “o gran desembarco de altos cargos do PP, incluído o Presidente da Xunta, que estes días non sae da Mariña”, ratifican que “o Partido Popular tenlle medo aos veciños da provincia de Lugo porque Feijóo e Rajoy lle fixeron moito dano á xente: aos pensionistas, aos nenos e mozos; aos traballadores e aos enfermos”. Fronte a ese “medo do Partido Popular á xente, ás urnas, está ilusión do proxecto socialista”, engadiu Lara Méndez , “ilusión porque o 24 de maio os veciños de Cervo e todos os da provincia digan: ata aquí, xa non quero máis do mesmo”.
A Mariña, de esquecida a protagonista na Deputación
“Os socialistas somos unha alternativa clara, real e solvente na que os cervenses e todos os veciños da provincia poden confiar”. “Así o demostramos na Deputación. A Mariña pasou a ser protagonista da nosa acción política, mentres que para o PP estaba totalmente esquecida”, subliñou a Vicepresidenta, engadindo neste senso “que fomos quen de desbloquear a posta en marcha dos parque de bombeiros, residencias públicas da terceira idade, a primeira escola pública de horticultura ecolóxica de Galicia e impulsamos a promoción turística con todo tipo de iniciativas, ademais de garantir servizos sociais básicos, como a axuda no fogar ou a teleasistencia”.
A inoperancia do PP
O voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia puxo de manifesto “a inoperancia do Partido Popular ante os grandes problemas da Mariña, como o constante risco que pesa sobre a planta de Alcoa en San Cibrao pola falta dun marco eléctrico estable, a situación do sector do mar ou da fábrica de Sargadelos, un símbolo socioeconómico desta comarca”. José Luis Méndez Romeu tamén destacou “incumprimentos” do PP coa Mariña, como a constantemente retrasada Vía de Alta Capacidade da Costa.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



