Burela, 20 de Maio de 2015.- Son moitas as queixas que están a provocar as obras que durante toda esta semana na que ademáis culmina a campaña eleitoral están a atascar o centro da vila, dificultando o tráfico e incluso complicando ós viandantes en certas zonas.
Ademáis todo isto levouse a cabo sen avisar ós residentes dos lugares afectados que este luns cando saíron das súas casas pola maña atopáronse con semellante panorama, quedando case pechados nas súas respectivas rúas.
Por outra banda semella case irrisorio que o goberno municipal lle mande ós operarios municipais pintar a liña amarela que prohíbe o aparcamento en algunhas zonas coincidindo coas eleccións. Son prácticas que non resultan estranas por parte do Partido Popular na nosa comarca xa que coincidindo coas últimas autonómicas ordearon dende a Xunta de Feijoó poñer as máquinas a traballar na estrada entre Xove e Celeiro, para logo paralizar as obras dende o día seguinte ás eleccións ata a actualidade.
“Todo isto non é mais ca unha burla, unha falta de respeto cara as veciñas e veciños da vila, que teñen que ver como os que lles deron as costas durante toda a lexislatura agora tentan aparentar que realizan o traballo que non acometeron durante todos estes anos”, dixo Mario Pillado, que engadiu que “esta é a forma que teñen algún de entender a democracia, durante quince días cada catro anos, tentando engañar ós votantes, pero por sorte xa non enganan a ninguén”.
A Xunta eleitoral de zona tomou nota dos incidentes que afectaron ó material eleitoral do BNG en Burela
Os nacionalistas teñen denunciado ante este ente o arrincado do seu material eleitoral no concello de Burela nos lugares acondicionados para iso, ó igual que nos concellos de Cervo e Barreiros. A Xunta eleitoral xa tomou nota do acontecido e as autoridades pertinentes xa están a investigar o ocorrido. “É compricado que se poda demostrar algo, polo que o que nos queda e seguir repoñendo os cartaces aló onde os arrincan” salientou o alcaldable nacionalista Pillado, “podennos sobrepasar en falta de ética ou de democracia pero seguro que non nos van superar en traballo, esforzo e honestidade” matizou o portavoz do BNG en Burela.
É significativo que isto ocorra en Burela posto que non se recordan problemáticas nin polémicas neste sentido, semella que o feito de que o resultado non esté decido e o aberto que pode estar o escrutinio na noite do Domingo fai que algunhas persoas e algunhas formacións non manteñan a calma.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



