Riotorto, 13 de maio de 2015.- O BNG de Riotorto denuncia publicamente as prácticas antidemocráticas do Partido Popular na campaña electoral para as vindeiras eleccións municipais. No seu afán de poder, os dirixentes locais populares traspasan calquera norma ética exercendo sobre algúns veciños e veciñas do concello unha presión incompatible coa liberdade de voto.
A formación nacionalista ten constancia, a través de testemuñas directas, da carretaxe de anciáns, de persoas con mobilidade reducida e discapacidade mental ás oficinas de correo. Os candidatos populares empregan os seus vehículos particulares para trasladar a estes veciños ás oficinas a tramitar a solicitude de voto a distancia co obxectivo de influír na súa decisión de sufraxio.
Os dirixentes locais do PP tamén procuran condicionar o voto de persoas con demencia ou capacidades cognitivas mermadas. Neste caso o modus operandi dos populares consiste en visitar as súas casas e familias e facilitarlles o servizo de notaria e médico co ánimo de decidir o seu voto.
O BNG de Riotorto fai un chamamento aos veciños e veciñas do concello para que denuncien as presións, coaccións ou ameazas que atentan contra a o seu dereito ao libre exercizo do voto. A formación nacionalista seguirá dando a coñecer publicamente o xogo sucio do PP durante a campaña electoral.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



