Santiago, 13 de maio de 2015.- O Grupo Popular defendeu na mañá deste mércores no Parlamento que nas negociacións para a sinatura dun novo convenio bilateral de pesca entre España e Portugal se demande un marco igualatorio para a flota de arrastre de fondo Cantábrico-Noroeste mediante a prohibición da actividade pesqueira a fin de semana dos buques de bandeira portuguesa que faenan en augas xurisdicionais españolas da zona VIIIc e IXa.
O deputado popular Vidal Martínez-Sierra lembrou que no mes de xullo de 2014 o Grupo Popular apoiou a aprobación dunha iniciativa en defensa dos intereses da flota galega do literal, na que se poñía especial énfase na necesidade de garantir a igualdade de condicións no marco do acordo pesqueiro bilateral entre España e Portugal.
Desvantaxe competitiva
“O principal obxectivo perseguido por esta iniciativa conxunta era que os buques de arrastre de bandeira portuguesa que faenan nas augas xurisdicionais españolas das zonas VIIIc e IXa do caladoiro cantábrico noroeste tamén realizasen o descanso semanal obrigatorio en fin de semana, tal e como establece a normativa vixente para os buques españois”, sinalou o deputado popular. Deste xeito, engadiu que “se poría fin a unha situación inxusta que supón unha desvantaxe competitiva para a flota galega”.
Martínez-Sierra reiterou que “o Grupo Popular segue comprometido con ese acordo e me consta que tamén o están tanto a Xunta de Galicia como o Ministerio de Medio Rural e Mar co obxectivo de que os arrastreiros galegos e portugueses poidan competir en igualdade de condicións e oportunidades no mar e nos mercados”.
Neste sentido, apuntou que a Xunta “leva xa máis dun ano traballando, xunto ao sector, para levar ao papel a proposta que todos apoiamos nesta Cámara” e mostra deste traballo co sector é o labor da Federación Galega de Confrarías, xa se conseguiu a consideración desta necesidade por parte da Federación Nacional de Confrarías.
Novo acordo
“Por parte da Secretaría Xeral de Pesca tamén se está a traballar con ese obxectivo, iniciando os labores de preparación dun novo acordo no seo do Comité Luso-Español de Pesca, no que tratará de incorporar as posicións e demandas do sector en sendas xuntanzas celebradas en Madrid e Lisboa en marzo e abril deste ano, respectivamente, e nas que participaron representantes do sector galego, entre os cales estaban os do arrastre de litoral”, explicou Vidal Martínez-Sierra.
O deputado popular apuntou que nestas xuntanzas “Galicia non so ten como obxectivo esta parada da flota de arrastre na fin de semana, senón outras cuestións coma a eliminación dos chamados cacharros na zona do acordo fronteirizo ou a mellora das autorizacións para o cerco”.
“En todo caso, traballar nesta vía non é nin foi obstáculo para adoptar aquelas medidas que permitisen reforzar, no posible, un control que tendese á igualdade entre as flotas de arrastre, e de feito hoxe é imposible para a flota portuguesa descargar en España nas fins de semana, salvo que o peixe sexa destinado á súa venda ou transformación fóra de territorio español”, anotou.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



