Viveiro, 12 de maio de 2015. Bernardo Fraga, Candidato á Alcaldía de Viveiro polo BNG, presentou esta mañá o programa do BNG con respecto a participación cidadá.
O nacionalista afirmou “O PSOE prometeu máis de quince veces, nos plenos, que Viveiro tería unha nova e moderna páxina web durante este mandato, o goberno municipal incumpriu reiteradamente a súa palabra e enganou á cidadanía con promesas valeiras de contido”.
“Co BNG, Viveiro contará cunha moderna e dinámica páxina web, que sexa o escaparate do noso Concello, e introduciremos o Concello de Viveiro en tódalas redes sociais, para garantir unha información directa coas veciñas e veciños”.
Ademais, os nacionalistas presentaron as súas apostas para a participación cidadá, entre as que se atopan a creación dos consellos parroquiais, así como a creación dun regulamento de participación cidadá.
Fraga indicou, “No BNG, apostamos claramente pola participación da cidadanía na vida política, por iso impulsaremos un regulamento de participación cidadá, que incluirá en determinados casos, a participación directa e presentación de propostas das veciñas e veciños nos Plenos Municipais”.