O MIRANTE. Panorama da situación electoral· Maio de 2015. Asociación de Medios en Galego.
ELECCIÓNS XERAIS EN ESPAÑA. ESTIMACIÓN DE VOTO PARA O CONGRESO DOS DEPUTADOS
En maio asistimos finalmente ao adianto do PSOE sobre Podemos. Os socialistas sobren 1,7 puntos, practicamente o que caen, 1,6, os de Pablo Iglesias. A formación liderada por Pedro Sánchez segue a moverse entre os 20 e os 22 puntos, anque parece consolidar unha leve tendencia á alza.
Menos relevante é a perda do PP, que cae 7 décimas e mantén a primeira posición. É aproximadamente a mesma magnitude que aumenta Ciudadanos, 6 décimas, o que supón a ralentización do elevado ritmo de crecemento que rexistrou os meses pasados.
Esquerda Unida semella aproveitar o respiro que supón deter os transvasamentos de votantes cara a podemos e recupera catro décimas, case un 10% máis no seu voto estimado. Segue instalado, porén, por baixo do 5%, un nivel perigoso para a súa representación na maioría dos Parlamentos.
UPyD continúa a perder efectivos, como está a punto de perder o escano de Rosa Díez por Madrid.
En Catalunya CiU logra abrir distancia con Esquerra, anque a suma de ambos segue con tendencia descendente, confirmando a conxelación progresiva do proceso soberanista a 4 meses das eleccións autonómicas e plebiscitarias catalanas.
En Euskadi as dúas forzas nacionalista recúan, sobre todo o PNV, o que fai desaparecer case por completo a distancia que existía entre ambas.
En Canarias unha hipotética coalición entre Coalición Canaria e Nueva Canarias nas eleccións xerais perde fol. A ruptura de CC parece ter diminuído non só as súas propias posibilidades electorales senón a da suma das forzas illáns.
O BNG en Galicia, recupera unha décima e parece asegurar cando menos un dos dous escanos que supoñen o seu teito de expectativas no Congreso. Malia a todo segue a moverse no fío da navalla e ningún deles está garantido.
Na Comunidade Valenciana o voto a Compromís mantense igual que en abril.
A única combinación a dúas bandas que outorga a maioría absoluta no Congreso segue a ser a Gran Coalición PP+PSOE.




















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



