Burela, a 11 de maio de 2015.- O PP burelés manifestou este luns que “os socialistas resultan máis ca patéticos falando do CEIP ‘Virxe do Carme’ e falla de investimento nos centros do concello”. Igualmente resulta “patético o oportunismo en política, como o demostra que partidos que nunca, nin a título colectivo, nin a título individual os membros da súa candidatura, tiveron o máis mínimo interés polo ensino no noso concello, pretendan agora dar leccións de capacidade de xestión”.
Indican que “o feito polo goberno local nestes catro anos é máis ca evidente, e está recoñecido polas ANPAs e polos propios centros, ainda sabendo que hai cousas por solventar, como os casos do ‘Virxe do Carme’ ou do ‘Monte Castelo’, e que co tempo xurdirán outros que tamén haberá que solventar”.
Os populares afirmaron que “o PP, desde o Goberno municipal, tén dado sobradas mostras de estár totalmente implicado polo ensino no noso concello, e ahí están os feitos: máis coidadoras de comedor, actividades de tarde, xestión das obras da cuberta do teito do ‘Virxe do Carme’ (120.000’00€), e xestión da ampliación do IES ‘Perdouro’ (420.000’00€), que se vai facer antes de que remate o ano, pista descuberta do ‘Virxe do Carme’, colaboración do IES ‘Monte Castelo’ para facer a biblioteca do centro, ou a posta en marcha da Escola de Idiomas, sin contar a nova escola infantil”.
Desde o PP afirman que “é evidente que quenes non fixeron nada son os socialistas; precisamente no ‘Virxe do Carme’ ainda están agardando por unha cociña que lles prometeron durante o bipartito, e desde logo no bipartito non fixeron nada polo centro que dirixiu o Sr. Llano, o IES ‘Perdouro’”.
O PP de Burela indica que “na etapa do bipartito o investimento en materia de educación foi igual a cero, porque non se fixo ningunha millora nin se ampliou ningún centro de ensino, e nin tan siquera se fixo ningunha xestión para que así fose, cousa, por outra parte, mui característica do PSOE e do BNG”.
Os populares tamén afirman que “os novos paracaidistas da política non teñen nin idea de estas cuestións, pero alomenos pedímoslles que non metan a zoca e de súpeto se convirtan en defensores de todo cando nunca, nin a nivel colectivo nin privado, se preocuparon de nada”.
Finalmente, os populares afirman que “temos serias dúbidas sobre a capacidade de xestión de certos membros de certos partidos, porque no seu ámbito non son quén de demostrar grandes logros, máis ben o contrario”.