Burela, 13 de maio de 2015.- “O emprego é a nosa maior prioridade”, subliña o candidato socialista á Alcaldía de Burela, Alfredo Llano, quen anunciou este mércores que, de volver a gobernar no Concello, “reservaremos unha partida no Orzamento para poñer en marcha un Plan Municipal de Emprego que fomente a contratación en empresas de persoas con máis difícil acceso a un posto de traballo, sobre todo mozos e parados de longa duración”.
O PSdeG comprométese así mesmo facilitar o acceso das empresas a solo industrial e favorecer que se asenten no Perdouro, no Berbés e no porto comercial. A candidatura liderada por Llano comprométese tamén a traballar para darlle unha solución ao solo da antiga fábrica de Gres.
Conscientes de que o comercio é un dos motores económicos de Burela, “traballaremos da man da Asociación de Comerciais, Industriais e Autónomos para apoiar este sector e reactivar o proxecto para crear un centro comercial aberto que dinamice as vendas e atraia novos negocios”, explicou Llano.
A candidatura do PSdeG continúa coa xeira de encontros cos veciños de todos os barrios. Este mércores á tarde, ás 20.15 horas, estará na rúa do Río. Seguirán por Vila do Medio, a zona centro, Casas Baratas e a zona portuaria. Ademais de reunións con veciños, os socialistas percorrerán as rúas de todos os barrios.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



