Durante este mes de maio as monitoras de educación ambiental e tempo libre do Concello de Burela realizaron uns obradoiros de cociña Mini Chef Camiña cos usuarios da asociación Camiña. Segundo explican “nos mesmos tentamos fomentar a creatividade, traballando a paciencia e o autocontrol dos nenos, ao igual que a capacidade de observación e o sentido do traballo en equipo”. E engaden: “os nenos e as nenas gozaron moito poñendo o mandil e o gorro de cociña, xogando a seren chefs”.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



