Burela, 4 de xuño de 2015.- Ourense, Burela, Valladolid, Bilbao, Burela e agora Navalcarnero. A cor laranxa volverá brillar na Copa de España, por sexto ano consecutivo. O Burela FS Pescados Rubén pelexará por facerse coa praza galega na gran pugna polo título; para iso terá que conseguir o gran reto de bater o Cidade das Burgas, que rematou a competición ligueira na segunda praza, un punto por diante das mariñás.
O enfrontamento irmandiño será o encargado de abrir a festa do fútbol sala feminino por excelencia, o sábado, ás 10.30 horas, no pavillón madrileño de La Estación; a cita poderase seguir en directo por www.crtvg.es e en diferido por TVG2, ás 18.30 horas. A outra praza para a gran cita decidirase a partir das 13.00 horas, entre o anfitrión e gran favorito, Atlético de Madrid, campión de liga, e o cuarto clasificado, Universidad de Alicante.
A ilusión é gran bandeira coa que a escuadra da Mariña se volve plantar nunha das súas citas habituais, despois dunha excelente recta final. Xunto ao equipo estivo esta semana nun adestramento o xerente da empresa patrocinadora Galipizza, José Manuel Vázquez, para trasladar todos os seus ánimos e desexarlles sorte ás embaixadoras laranxas.
As Burgas, que se estrea na Copa, e Pescados Rubén son dous equipos que se coñecen ben; vivirán un duelo que a priori decidirán os pequenos detalles. Nesta tempada medíronse en tres ocasións; en Vista Alegre os tres puntos levounos o conxunto ourensán (0-5), na segunda volta foron para as laranxas (2-3), que tamén se impuxeron nas semifinais da Copa de Galicia (1-2).
A expedición burelá sairá cara ao soño da Copa mañá, ás 10.00 horas. Na convocatoria estrearase a ala do equipo filial Carla Bolaños; Lara seguirá sen poder entrar, pola escordura de nocello; Maite, que adestrou baixo mínimos esta semana, viaxa con molestias, tras un pinchazo no aductor durante o quentamento en Pamplona o sábado pasado; e Patri será dúbida ata última hora, tras o adestramento de hoxe, no que se resentiu do xeonllo.
Moita sorte, rapazas! O corazón da Mariña latexará con vós!
Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 17. Maite, 13. Patri, 14. Bea Mateos, 19. Paula, 20. Carla Bolaños
Sábado 6 de xuño
Cidade de As Burgas – Burela FS Pescados Rubén – 10:30 horas
Atlético Féminas Navalcarnero – Universidad de Alicante – 13:00 horas (emitido por LaOtra, Telemadrid)
Domingo 7 de xuño
Final: 12:00 horas (emitido por LaOtra, Telemadrid)




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
