Lugo, 5 de xuño de 2015.- Actualmente a importante crise que está a sufrir o sector lácteo galego, como consecuencia da baixada de prezos, non somentes está a amenazar a supervivencia da maior parte das explotacións leiteiras galegas, senón que está sendo aproveitada por parte de varias industrias co fin de obter maiores beneficios a costa de afogar economicamente os productores de leite galegos.
Na actualidade partimos dun prezo base, asignado nos contratos lácteos que as empresas elaboran de forma unilateral, sen que o sector productor poida decir nada. Igualmente nestes contratos establecense os parámetros do leite tipo, que regulan a cobro de primas a a partir das distintas porcentaxes de materia graxa e materia proteica.
Actualmente estamos a ver o caso dalgunha empresa, que lonxe de pagar por cada centisima que sobrepasa o indice mínimo de pagamento, somentes abonan esta cuantía cando sobrepasa a primeira décima. É decir, actualmente a proteina estase a pagar por enriba dunha porcentaxe do 3,20%. As industrias deberían pagar a partir da primeira centisima que sobrepasara esta porcentaxe, neste caso a partir dunha porcentaxe do 3,21%. En cambio agora existe algunha industria que está a pagar somentes cando chega o 3,30, esta a pagar somentes cando se supera a primeira décima. Esta practica supón un beneficio ecónomico 500.000 euros anuales para algunha empresa galega, beneficio que obten cunha serie de prácticas que somentes levan consigo unha nova baixa de prezos para os produtores.
Igualmente podemos observar como xa existe algunha industria, que non vai abonar nengún tipo de cuantía por superar o porcentaxe mínimo de proteina. Esta práctica somentes vai beneficiar o séctor industrial, debido a que a industria en cuestión non vai ter que facer fronte a nengún tipo de prima a maiores por pagamento de materia proteica.
En materia de prezos, os abusos da industria chegan nalgún caso, a pagar prezos de 0,17 euros, prezos que baixo nengún concepto cubren os custes de producción, e supoñen importantes perdas para as explotacións leiteiras galegas.
Toda esta serie de prácticas abusivas por parte da industria, producense nun momento de indefensión total dos gandeiros galegos, non existe nengún tipo de organo interprofesional capaz de establecer unhas relacións comerciales xustas entre a industria e os gandeiros.
Dende a Federación Rural Galega, voltamos a defender unha intervención urxente por parte da administración, non pode seguir reinando neste séctor a lei da selva. A conselleira limitase a facer fotos, e parece que non sabe que cada mes as perdas nas explotacións leiteiras galegas van a mais, e o presidente da Xunta para estar mais preocupado doutras facetas partidarias, deixando o sector lácteo nunha situación extrema.























Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



