O Salón de Plenos do Concello de Xove acolleu este martes a entrega de diplomas a cargo do alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira Ana Abad, ás 40 persoas participantes na Escola Municipal de Maiores.
O curso tivo unha duración de outubro de 2014 a xuño de 2015. As clases desenvolvéronse nunha aula da Oficina Municipal de Información Xuvenil, sempre en horarios de mañá. Dentro das materias didácticas impartidas, os alumnos/as accederon a coñecementos de matemáticas, xeografía, língua, literatura, historia, etc., cuns niveis adaptados ás posibilidades dos mesmos, e tamén, pero só nalgúns casos, escritura e lectura básicas.
Durante este período, ademáis das materias didácticas, realizáronse dúas viaxes culturais: a primeira a Lugo, o 19 de marzo do presente ano, visitando as Murallas, a Catedral, o Museo Provincial, as Termas, etc.; a segunda, o 3 de xuño a Pontevedra, visitando todo o casco vello, a Igrexa de San Bartolomé,, etc.
O obxectivo primordial da Escola de Maiores é a integración, relación social, comunicación, mellora da calidade de vida e envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades. (ADXUNTO FOTOGRAFÍA)
COMEZA O OBRADOIRO DE MEMORIA
Como vimos, rematou o curso da Escola de Maiores, pero as actividades continúan dentro deste importante colectivo. Neste sentido, o vindeiro 6 de xullo de 2015 dará comezo o OBRADOIRO DE MEMORIA dirixido a persoas maiores de 60 anos. Para esta edición xa están anotadas 35 persoas, rematando o prazo o 30 deste mes de xuño.
Este taller constará de 8 sesións de hora e media cada unha, encamiñadas a previr o envellecemento cerebral e garantir a autodependencia das persoas participantes. Será impartido pola Educadora Familiar, Angélica Casabella.





















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



