E para rematar o mes de xuño, outra pequena ruta. Nesta ocasión, o domingo 28, sumámonos á iniciativa do Concello de Lourenzá e de diferentes Asociacións, para participar na segunda edición da actividade “Todos cara a Tovar”. No noso caso farémolo camiñando, nun trazado duns 8 kms. e dificultade baixa, que nos levará polo que foron os dominios do “Coto de Canedo”, posesións do antigo señor de Tovar. Non será necesario anotarse (xa que cada un levará o seu propio avituallamento). Só hai que achergarse ó Pazo ás 16.30 horas para comezar a camiñar; e ó remate, de volta en Tovar, desfrutar das diversas actividades que se darán cita esa xornada: baile, teatro, fogueira de San Pedro…
Terras de Lourenzá participa o 28 de xuño no II Todos cara a Tovar
Terras de Lourenzá participa o 28 de xuño no II Todos cara a Tovar
Relacionado
-
Esta fin de semana haberá dous concertos na Horta de Galiana de Mondoñedo
-
O Presidente da Deputación, José Tomé, participou este martes na Biblioteca Municipal de Xermade na presentación do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
“Tierras de Castilla”, pinturas de Mª José Redondo Goicoechea, desde este venres en RegalXunqueira