Cervo, 7 de xullo de 2015.- Cincuenta nenos e nenas participan no programa denominado Repasando organizado pola Concellería de Educación de Cervo para que os escolares recorden o que aprenderon durante o curso.
A concelleira de Educación, Dolores García Caramés, anunciou hoxe que “esta semana comezou o programa Repasando, que é unha iniciativa educativa na que os nenos e nenas en idade escolar durante a tempada de verán dan un repaso ao que aprenderon durante o curso, segundo as súas idades. A idea é facer entretidos os dous días á semana nos que se imparte o programa, xa que aprenden e repasan xogando e visualizando os contidos para facer máis amenas as clases. Impártese en San Ciprián, na Casa do Mar, en horario de mañá, e tamén nas demais parroquias do concello, como Cervo, Castelo e Rúa, en horario de tarde. En total están anotados uns 50 nenos e nenas”.
Dolores García tamén comentou que “xa se fixo o ano pasado, cando tivo unha gran acollida, e esperamos que nesta edición sexa de igual maneira, porque estamos convencidos de que é unha forma de aprender divertíndose”.
A concelleira rematou explicando que “hai dous grupos: de Infantil e de Primaria. E, por exemplo, hoxe os de Primaria xogaron a detectives e tiveron que descubrir un caso policial descifrando pistas e calculando idades; e os de Infantil fixeron xogos de construción e puzzles”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



