Foz, 7 de xullo de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destaca a importancia como atractivo turístico para o municipio e para o resto da zona do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico, que foi visitado este martes por responsables do Ministerio de Medio Ambiente.
“Queremos agradecer aos representantes do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente a súa presenza hoxe aquí para inaugurar este paseo do Cantábrico en Foz, que é un punto céntrico da Mariña e tamén onde conflúen os dous paseos que este Ministerio está a financiar: o que se presenta hoxe, que é o paseo do Cantábrico, por toda a costa dende Ribadeo ata a Estaca de Bares; e, por outro lado, o paseo de San Rosendo, que nace en Foz e pasa por San Martiño, continúa por Mondoñedo ata chegar a Celanova, nesa unión que hai entre os puntos neurálxicos onde estivo esta personaxe tan importante como é San Rosendo. Estamos a falar duns paseos cun atractivo turístico enorme. Estamos a ver que puntos neurálxicos no turismo de Galicia, como poden ser As Catedrais, a Estaca de Bares, a ría de Viveiro, a ría de Ribadeo ou as praias de Barreiros, de Foz, de San Cibrao e de Xove van estar unidos por un camiño natural con total protección do tráfico rodado”, explicou o rexedor municipal focense.
Javier Castiñeira destacou que “é un recurso máis para A Mariña lucense que queremos aproveitar todos os concellos. É obvio que A Mariña de Lugo está de moda e esta aposta por parte do Ministerio de Medio Ambiente e Agricultura e tamén as da Xunta de Galicia, concretamente de Turismo de Galicia, por promover A Mariña están a funcionar. E tamén infraestruturas importantes, como a autovía A-8, están a traer moitos turistas ao centro da Mariñal lucense. Por este motivo estamos contentos e xa se está notando nos primeiros días do verán”.
En canto ás rutas creadas polo Ministerio de Medio Ambiente, o alcalde de Foz engadiu que “están moi ben sinalizadas e están gustando moito aos turistas e aos sendeiristas que xa as percorreron. Polo tanto agradecemos ese investimento aquí na Mariña, que é positivo para todos e que vai dar o seu froito”.





















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



