Lugo, 13 de xullo de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, acompañada pola vicepresidenta e responsable de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Mari Teijeiro, reuniuse este luns pola mañá cunha trintena de colectivos sociais que teñen subscrito un convenio de colaboración coa entidade provincial. O importe total destas subvencións nominativas para o ano 2015 ascende a 291.200 euros.
Tal como explicou Candia, o acto deste luns “demostra a vontade política do novo goberno provincial por dar a maior axilidade, seguridade e certidume a todas as entidades que estaban á espera de financiamento para levar a cabo os seus proxectos”, ao tempo que anunciou que a vindeira actuación da administración provincial será resolver “coa maior rapidez” as subvencións excepcionais que están pendentes.
Segundo expuxo a presidenta, trátase dunha trintena de axudas económicas enmarcadas nas subvencións nominativas do ano 2015 da Deputación de Lugo coas que se apoian economicamente diferentes proxectos “que teñen un denominador común, que é a inclusión social”, explicou Elena Candia, ao tempo que sinalou que “con esa premisa traballan dende diversas ópticas, todas elas complementarias e orientadas a ese obxectivo común de minimizar os riscos de exclusión”.
Nese senso, a presidenta da Deputación de Lugo detallou que se financian diversos proxectos dirixidos a cuestións como o apoio a persoas con necesidades específicas, o apoio á integración laboral de colectivos en risco de exclusión, a eliminación de barreiras ou a atención asistencial.
Así mesmo, Candia quixo agradecer “a constancia e o esforzo que día a día realizan estes colectivos” e destacou que “o seu tesón é algo digno de recoñecemento, e para que isto non quede só en palabras é crucial que as administracións deamos apoio económico e visibilidade a estes proxectos”.
Deste xeito, a presidenta da Deputación de Lugo explicou que “dende esta administración impulsamos o traballo en rede e a colaboración con este tipo de asociacións porque entendemos que é fundamental para mellorar a calidade de vida de colectivos vulnerables”.
Por último, Elena Candia indicou a vontade “inaprazable e incuestionable” da Deputación Provincial de continuar “co maior número de colaboracións posibles” en vindeiras convocatorias, se ben subliñou a súa intención de primar aqueles proxectos que dean cobertura ás necesidades sociais máis urxentes e dos que se beneficien un maior número de persoas. Así mesmo aproveitou a reunión de hoxe cos diferentes colectivos para convidalos a participar nunha mesa de traballo conxunto para o deseño de parámetros obxectivos nos que basear a decisión política de conceder estas axudas, incrementando así a transparencia e imparcialidade das mesmas.
Entre as entidades beneficiarias das subvencións nominativas de 2015 atópanse Aliad-Ultreia, Concepción Arenal, Promoción e Integración Xitana, Proxecto Home, AGADHEMO, ADACE, ALCER Lugo,ALUCEM, ALUME, Asociacións de familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias, a ANPA do Colexio Santa María, a Asociación Discapacitados Ponte dos Santos, ASORLU, ASPACE, ASPNAIS, AUXILIA, COGAMI, FADEMGA, FEAFES, Ledicia Cativa, Fundación Meniños, Raiolas, Síndrome Down e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Special Olympics.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



