Ribadeo, 13 de xullo de 2015.- A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, fixo unha valoración moi positiva da segunda edición do Ribadeo Indiano, que rematou este domingo e que encheu de xente a vila durante tres días. A edil fala dunha asistencia de arredor de 25.000 persoas e dun impacto económico de 3 millóns de euros.
Martínez fixo unha valoración moi positiva do evento: “creo que poucas veces se viu Ribadeo tan cheo de xente. O venres pola tarde, cando arranca este evento, e xa durante toda a xornada do sábado puidemos ver como por Ribadeo saían modelos de 1900-1920, como a xente se caracterizaba para gozar deste evento. É unha satisfacción enorme que un festexo que leva apenas dous anos rodando calase deste xeito tan positivo entre a xente de Ribadeo e por extensión a toda a comarca, porque se trasladou a Ribadeo xente dos arredores, probablemente de case todos os concellos. E a maiores houbo xente que se desprazou dun xeito expreso para vir gozar deste Ribadeo Indiano, como foi un caso concreto dun grupo de turistas que desde Miami arrancaron nos San Fermines e logo chegaron a Ribadeo precisamente para o evento. Tamén familias enteiras, me comentaban nalgúns hoteis, que ao ver o evento o venres pola tarde pedían quedarse e mesmo acudían aos establecementos comerciais a mercar roupas para caracterizarse e vivir de xeito directo e real este Ribadeo Indiano”. A edil nacionalista cre que “isto é o reflexo do que realmente supón o Ribadeo Indiano no conxunto da poboación”.
Para a concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo “a importancia da conxugación do que é a historia coa festa deu lugar a un cóctel magnífico. Creo que nesta festa participan tanto desde os nenos máis cativos das familias ata os avós. É unha festa na que para moitos aínda supón unha certa proximidade a esa emigración a América e dá un pouco o xogo de vivir o que viviron os nosos avós”.
Sobre o impacto económico que o Ribadeo Indiano tivo na vila Ana Martínez sinalou que “en termos de vendas, de hostalería e de turismo, foi impresionante. Falábamos onte de noite con varios dos sectores e calculábase que o impacto económico que tivemos en Ribadeo desta fin de semana rolda os 3 millóns de euros, con máis de 25.000 persoas que viñeron a gozar do Ribadeo Indiano. Eu creo que o reflexo máis claro é que non había un sitio para durmir, que a hostalería esgotou parte das súas existencias, houbo establecementos que aínda que contaban cun gran número de persoas esgotaron as súas reservas. Creo que a clara a expresión do que sucedeu é o que estamos a dicir”.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo cre que “o Ribadeo Indiano supón un pulo económico e turístico para o noso concello dun calado importantísimo. Pero o Ribado Indiano é algo máis, é o inicio da recuperación da historia, da influencia da emigración, desa importancia que tivo a emigración non só en Ribadeo senón en todo o país. Con este Ribadeo Indiano pretendemos ir recuperando documentación e información que dea lugar a un arquivo histórico importante, onde poidamos ir aportando desde os domicilios dos particulares que teñan nos faiados das súas casas información para que ano que ven aínda sexan máis grandes todo este tipo de actividades”.
Martínez manifestou que “o Ribadeo Indiano non sería o que é sen a implicación da xente, sen a implicación de todos os sectores, de particulares que estiveron aí traballando e facendo que as exposicións funcionasen e que as conferencias fosen do máis atractivo. Tamén á Coral Polifónica co seu Festival de Habaneras, que se trasladou ao Ribadeo Indiano, a Banda de Música Municipal, a compañía de teatro, podería aludir a moita xente e probablemente me poida esquecer dalgúns e non quero facelo. Agradecerlles a todos e cada un dos que participaron as súas achegas, creo que o Ribadeo Indiano é de todas e de todos os ribadenses e por iso o gozamos e queremos que o ano que ven aínda sexa máis grande se cabe”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



