Ribadeo, 13 de xullo de 2015.- Na mañá deste luns tivo lugar a presentación do IV Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que organizan Game Over Productions e a asociación cultural Jazzeo, coa colaboración e patrocinio do Concello ribadense e da Xunta de Galicia, a través do Agadic. Celebrarase entre os días 19 e 26 de xullo con catro concertos de pago no Auditorio Municipal e terá actividades paralelas como sesións de jazz ao aire libre no Cantón, un curso de baile de jazz e blues a cargo da profesora María Sanz e dúas festas na sala Rockuncho da vila. O festival traerá a Ribadeo a José García Quartet, Bakin Blues Band, Velma Powell & Bluedays, Richard Ray Farrell, Ray Gelato & Claire Martin e Carla Cook.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña dixo na súa intervención: “quedoume clarísimo que a afección pola música en Ribadeo, cousa que vía todos os días cando levaba o cativo á Escola de Música, tamén tiña a súa prolongación no ámbito do jazz, e isto frutificou pola demanda da xente que devece por cultura, e por cultura musical, nomeadamente polo jazz, quedoume clarísimo que aquí había pouso suficiente para que poidamos xa celebrar a cuarta edición deste Festival Jazz & Blues”.
O edil nacionalista sinalou que “este ano o festival trae novidades, vanse compaxinar concertos ao aire libre de entrada gratuíta con concertos no Auditorio e tamén haberá jam sessions, cursos de música e de baile de jazz, e unha proxección documental. Todos organizados por Game Over Productions e coa colaboración do Concello. Sempre estamos dispostos a colaborar con iniciativas que nos fagan máis humanos, que nos fagan sentirnos ben en Ribadeo, e nomeadamente no verán, para as persoas que vivimos aquí e para os que nos visitan. Tamén a Xunta de Galicia a través de Agadic”.
Graña engadiu que “é unha programación bastante completa e desenvolvese ao longo dunha semana, dende o sábado 18, no que hai unha pequena jam session no Rockuncho ata o 26 de xullo, que sería a última actuación no Auditorio Municipal”.
Tanto Farruco Graña como Rafael Monteavaro, un dos promotores desta iniciativa, fixeron unha exposición pormenorizada do programa de concerto: “as actuacións no praza do Cantón son libres, as do Auditorio teñen un prezo moi asequible, que é de 12 euros para cada concerto. En todo caso é necesario saber que se vai poñer á venda un abono de 35 euros para os catro concertos de pago. Pódense mercar en www.codetickets.com, e como novidade este ano dicir que a billeteira do Cine Teatro estará aberta a partir do 20 de xullo para poñer á venda as entradas para os concertos do Auditorio e os días de concerto a billeteira do propio Auditorio Municipal abrirá a partir das sete da tarde”.
Farruco Graña subliñou que “para esta Concellaría de Cultura é unha honra e un orgullo pode gozar deste IV Festival Jazz & Blues, que trae novidades ben interesantes”.
O día 18 de xullo, este sábado, no Rockuncho terá lugar a festa de inauguración a partir das 23 horas. Haberá unha jam session con sorteo de entradas e de regalos. Os días 20 e 21 (luns e martes) coma novidade deste 2015 levarase a cabo no Auditorio Municipal un curso intensivo de baile de jazz & blues a cargo da profesora María Sanz.
Xa o mércores, 22 de xullo, ás 23 horas no Cantón dos Moreno, haberá cine ao aire libre coa proxección da película A film about kids and music, de Ramón Tort. Do 24 ao 26 de xullo na Escola Municipal de Música de Ribadeo terá lugar, un ano máis, un curso de música de jazz. E o 25 de xullo ás once da noite na sala Rockuncho jam session.
O concelleiro de Cultura animou “a toda a veciñanza a que aproveite a ocasión de gozar dun festival cunha excelente calidade, xente que pode vir logo de ter actuado en Donosti ou Ondarribia, xente con premios de relevancia internacional no mundo do jazz, e qué mellor maneira de ofrecer o bo gusto que temos pola musica de calidade”.
No Cantón dos Moreno actuarán José García Quartet o vindeiro domingo, 19 de xullo, ás 23 horas e Bakin Blues Band o luns, día 21, tamén ás once da noite. Estes dous concertos son gratuítos.
Velma Powell & Bluedays actuarán no Auditorio Municipal o 23 de xullo ás nova da noite. Velma Powell é unha cantante de Chicago, familia directa de Brownie McGhee. O seu repertorio basease nas súas propias composicións, así como nos sons clásicos do anos 40, 50 e 60.
O 24 de xullo será o día para escoitar a partir das 21 horas a Richard Ray Farrell, nado en Cataratas do Niágara leva máis de trinta e cinco anos nas estradas como músico consagrado coma un talento de primeiro nivel no mundo do blues. Ten colaborado cos mellores músicos de blues de todo o mundo e tocou nos mellores festivais.
Ray Gelato & Claire Martin actuarán tamén no Auditorio Municipal o 25 de xullo ás nove da noigte. Ray Gelato mantén a tradición dos grandes showmen do jazz dos anos 40 e 50, interpretando arranxos orixinais sobre composicións da era do swing e Claire Martin, gañadora dos British Jazz Awards en sete ocasións, é considerada a primeira “dama” do jazz británico.
O Festival Jazz & Blues de Ribadeo rematará o 26 de xullo ás 21 horas coa actuación de Carla Cook, que canta de forma marabillosa os grandes standards do jazz. Foi nomeada aos Grammy e todas as súas gravacións teñen recibido críticas excelentes. Chega a Ribadeo despois de actuar nos festivais de San Sebastián e San Javier.






















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



