Lugo, 6 de xullo de 2015.- O deputado delegado de Medio Rural, José Ulla, salientou hoxe o compromiso da Deputación de Lugo co sector lácteo e anunciou que a administración provincial colaborará, dentro das súas posibilidades e competencias, na promoción de medidas de apoio para facerlle fronte á actual situación do sector, que se acorden froito do “diálogo e da unidade do sector”
José Ulla asistiu esta tarde á reunión celebrada en Santiago. “Somos conscientes da situación que están a vivir os produtores lácteos e o risco real que sofren, polo que queremos participar de xeito directo e traballar a prol da garantía da recollida de leite e da consecución dun prezo digno, dentro do marco competencial e das posibilidades das que dispoñemos dende a Deputación”.
Ulla puxo de manifesto o total apoio e disposición colaboradora e comprometida do goberno da Deputación de Lugo para o desenvolvemento de iniciativas, cunha única finalidade, a de unir forzas e traballar conxuntamente para que se chegue a unha solución. E insistiu en que “é necesario o diálogo e a unidade do sector lácteo para chegar aos mellores acordos que permitan que as explotacións sigan sendo rendibles”.
O deputado delegado apostou pola a unión de todos os axentes como a mellor estratexia para garantir o futuro do sector e considerou que as mobilizacións e as protestas non son a solución ao problema lácteo. Por iso “queremos colaborar e implicarnos coas iniciativas que se están a sacar adiante e máis tendo en conta o importante peso que este sector ten na provincia”.
“Os gobernos populares sempre estiveron, estamos e estaremos ao lado dos gandeiros, sen mentiras e sen demagoxia. Así as administracións central e autonómica están a actuar para facerlle fronte a esta situación e están a informar, a asesorar e buscar un entendemento entre partes. Dende a Deputación trasladamos e ofrecemos a nosa máxima dispoñibilidade e boa disposición e confiamos en que as medidas que se van a impulsar dean resultados con urxencia, tal e como reclama o sector”, concluíu.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



