Ribadeo, 24 de xullo de 2015. A mariñá Marisol Moreda presentará o seu libro Un largo camino de rosas blancas o día 3 de agosto en Foz e o día 5 en Ribadeo. Será ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Foz e ás 20.30 horas no Teatro de Ribadeo, respectivamente.
Os fondos recadados da venda de libro, que conta unha historia de superación ambientada na posguerra, irán destinados á investigación sobre enfermidades raras e discapacidade. Marisol Moreda é presidenta de Honor de Otro Mundo es Posible e membro da Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER).
A escritora recorda que “en este país hay tres millones de españoles que sufren enfermedades raras y que precisan de la sensibilización de las administraciones, de la sociedad y de los medios de comunicación. El Ministerio de Sanidad debe ser consciente de la importancia que su implicación y ayuda tiene para estas personas, para las que sufren cualquier tipo de discapacidad y para sus familias”. Marisol Moreda xa presentou Un largo camino de rosas blancas en Madrid e Murcia.
Un largo camino de rosas blancas é a historia dunha orfa nos anos da posguerra e narra, segundo Marisol Moreda, feitos nos que “algunos podrán reflejarse en mayor o menor medida. Es una historia de superación y de reflexión donde todo tiene su por qué”.





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



