Viveiro, 14 de xullo de 2015.- Cando aínda non transcorreron corenta e oito horas dende que rematou o Mercado Renacentista, cómpre facer balance e valorar o desenvolvemento desta celebración que, sen dúbida, se consagrou como un dos referentes festivos do calendario estival. As rúas do casco histórico de Viveiro ameceron o pasado venres engalanadas para a ocasión e, durante os tres días de duración, estiveron ateigadas de xente ambientada de época que participaron no mercado disfrutando dos espectáculos organizados, cos que se pretendeu ampliar e innovar a oferta dos últimos anos; visitando os numerosos postos instalados, nos que adquirir dende artesanía a plantas medicinais, entre outros moitos produtos; e degustando, entre amigos, xantares e ceas nas numerosas mesas habilitadas ao efecto en todo o casco.
Quero, por todo isto, agradecer publicamente a todos os viveirenses e visitantes que coa súa implicación fixeron posible que, esta oitava edición do Mercado Renacentista, fose un éxito absoluto. O número de persoas que participaron no mercado e que visitaron Viveiro nestes días incrementouse con respecto a edicións anteriores, sendo cada vez máis, tamén, o número de persoas que se visten con traxes de época colaborando, deste xeito, na vistosidade da celebración. Na presente edición, ademais, incrementouse de forma notoria o número de persoas que participaron nas comidas e ceas organizadas nas distintas rúas do casco histórico, convertido por uns días nun gran comedor ao aire libre. Segundo os cálculos realizados polo concello, entre as comidas organizadas polos establecementos hostaleiros e as organizadas por particulares, as rúas acolleron a uns 2.000 comensais. Esta cifra vén a demostrar que o que empezou de forma espontánea, como comidas familiares na rúa no ámbito desta festa, se converteu nunha tradición consolidada como referente dos eventos programados para o Mercado Renacentista no que participan, ademais dos propios veciños, moita xente de fóra. Estas comidas na rúa, coas que o concello colabora prestando todas as mesas e cadeiras das que dispón, supoñen un impacto económico notorio no sector hostaleiro que, segundo declaracións propias, viven durante esta celebración un dos mellores fins de semana do ano.
En definitiva, o Mercado Renacentista de Viveiro é un evento consolidado no que destaca a gran participación de veciños e visitantes, importante dende o punto de vista lúdico, económico e turístico; é evidente que o noso Mercado Renacentista medra cada ano, aumentando a súa proxección e repercusión, e isto é posible grazas ao esforzo, traballo e participación de veciños e visitantes. A todos, grazas!























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



