Cervo, 13 de xullo de 2015.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, recibiron este luns na Casa do Concello a unha nena e un neno saharauis que pasan o verán con familias residentes no municipio.
A nena chámase Waara e este é o cuarto ano que ven acollida pola mesma familia; e o neno é Bachri, para quen este é o seu sexto verán en Cervo, tamén coa mesma familia que nas veces anteriores. Os dous teñen 12 anos de idade.
Alfonso Villares agradece “ás familias de acollida, en especial a Dulce e a Raquel, esta acción de solidariedade con estes nenos que veñen pasar o verán a Cervo. Estas dúas mulleres xa levan varios anos participando neste programa e realizando esta labor de acollida. No Concello estamos sempre abertos á solidariedade e a que calquera persoa do noso municipio poida participar nestes programas”.