Foz a 17 de xullo de 2015.- Este sábado, 18 de xullo, o Bloque Nacionalista Galego vai celebrar en Foz a XXII edición da súa tradicional chicharrada, dentro do conxunto de actos que os nacionalistas realizan na comarca da Mariña durante este mes para celebrar o Día da Patria Galega, que é o 25 de xullo.
Ao igual que noutras ocasións a romaría celebrarase na explanada do Porto, xunto á lonxa, e dará comezo a partir das sete da tarde para o reparto de racións, mais os xogos tradicionais para nenos e maiores comezarán a partires das 17:30 horas.
Como xa ven sendo habitual desde hai anos, o prato forte desta xornada festiva – reivindicativa o BNG de Foz vai preparar máis de 1.000 racións de chicharro lañado con cachelos, xunto a liscos, chourizos, pan e viño. A aposta polo chicharro lañado faise por ser un prato característico da nosa dieta alimentaría, e polo seu sabor, así como polas significacións que o chicharro tivo para o conxunto dos focegos e da xente da comarca como principal sostén nos anos da posguerra.
Este ano tamén se dotará ao espazo festivo duns xogos infantís, comezando por un gran castelo inchable e por numerosos xogos e actividades para nenos e maiores. Haberá agasallos para os participantes.
O feito de que esta xornada se manteña ao longo destes vinte e dous anos evidencia que se trata dunha festa de todos os veciños e veciñas de Foz e así se explica a implicación de todo o pobo, xa non só na xornada festiva senón na preparación da festa gastronómica. Tanto é así que o BNG quere agradecer por adiantado a todas aquelas persoas que colaboran con nós lañando o peixe así como aqueloutros que colaboran asando o chicharro.
Xa por último, o BNG quere convidar a todos os veciños de Foz e da Mariña a acudir a explanada do porto o vindeiro sábado, 18 de xullo a partir das 19.00 horas a degustar chicharro lañado e a celebrar con nós esta tradicional romaría do verán focego, preludio do Dia da Patria Galega que se celebra o día 25 de xullo.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



