Burela, 16 de Xullo de 2015.- Este non está a ser un verán calquera no litoral burelao, posto que nas praias nas que fai un ano traballaban 10 rapaces e rapazas agora hai dous profesionais menos, xa que a Xunta de Galiza concedeu unha subvención menor que as anteriores coa que só se permite contratar 8 socorristas para as praias burelás, tres das cales, A Marosa, Ril e o Portelo, contan co distintivo de Bandeira Azul.
Para os nacionalistas, que solicitaron mediante o seu portavoz municipal todo expediente da subvención e da contratatración posterior, este feito non é mais que un novo recurte que o PP neste caso mediante a administración galega infrinxe á veciñanza, posto que é evidente que con dous profesionais menos o servizo non pode ser o mesmo. Isto xa se está a notar mesmo no horario do servizo, que polo recorte de persoal se modificou con respecto a anos anteriores.
Para Mario Pillado “é imposible que o servizo se leve a cabo nas mesmas condicións cando se reduce o persoal nun 20 %, os rapaces fan o que poden e cando lles mandan, pero son conscientes da situación á que se enfrontan este Verán, posto que nas praias eles son a cara visible do concello de Burela”.
Fai unhas semanas, coincidindo co comezo do servizo, tanto o portavoz municipal, Pillado, como a concelleira Dori González foron praia por praia interesándose pola situación e escoitando as demandas dos socorristas. Estes indicaron que non só é unha cuestión de horario senón que é mais difícil repartirse para as tres praias sendo so 8 que si estivesen os 10 habituais, tendo en conta que en praias tan concorridas como O Portelo e A Marosa, esta última de especial perigosidade, teñen que ter un número mínimo de profesionais para garantir a seguridade no servizo.
Os nacionalistas culpabilizan tamén ó anterior goberno municipal popular de non poder contratar máis socorristas
Cando os representantes do BNG de Burela se interesaron pola posibilidade de que o concello contratase e se fixese cargo desas dúas prazas que faltarían para chegar os 10 traballadores cos que se prestou o servizo nos últimos anos, topáronse con que o plan económico-financeiro elaborado pola intervención municipal e que rexe o gasto en persoal municipal, impide acometer esas contratacións que mellorasen o servizo de socorrismo. E esta imposibilidade débese a que o anterior goberno municipal do Partido Popular incumpriu a regra do gasto sistemáticamente nos últimos dous anos, o que obrigou a elaborar o mencionado plan económico-financeiro que imposibilita ofrecer un servizo con 10 socorristas como de costume. “Os campións da austeridade, os que se felicitaban pola súa xestión económica, racharon as normas seguido e agora pagámolo todos e todas en servizos básicos coma este de socorrismo, mesmo despois de que deixasen o poder” espetou Pillado que recorda que “Barcia anunciou a bombo e platillo a subvención da Xunta o pasado 9 de Xuño, pero nin indicaba naquel momento que a subvención era menor nin que se empeoraba o servizo”.
Noutros concellos limítrofes, a subvención concedida foi similar á do caso de Burela, pero vanse cubrindo prazas ata garantir o servizo, con fondos do concello, algo que no concello burelao non se pode facer grazas á desfeita popular. Se ben non se están a cubrir tódalas prazas por motivos de número de socorristas, éstas súplense con técnicos sanitarios, polo que se tenta manter o servizo. Ademáis o número de socorristas co que sempre contaron eses concellos é moi superior ó do caso de Burela no que se trataría de contratar sinxelamente a dous socorristas mais, polo que semella que se trata de realidades totalmente diferentes.
Algo que chama, e moito, a atención dos nacionalistas é o feito de que a solicitude da devandita subvención da Xunta foi cuberta e enviada pola alcaldía do concello o día 30 de Xaneiro e ata que en Xuño a Xunta concede as axudas non hai ningún outro traballo feito nese ámbito. Semella que se nos últimos meses do Inverno e na Primavera se prepara o terreo e inician outro tipo de trámites e actuacións, sexa mais fácil que estén dispoñibles mais socorristas para contratar e que o servizo non comece entrado o mes de Xullo, “sabendo que tódolos anos chega o Verán, que en Burela hai as praias que hai e que a xente vai as praias, semella un sen sentido esperar ata o final para facer todo”, neste senso insta ó actual alcalde, Alfredo Llano, a traballar para tentar solventar todos estes problemas e que no futuro non se repita a situación actual.
Ó igual que fixo na reunión que en Setembro de 2014 tivo o Comité para a Xestión das Praias, o portavoz nacionalista, cre que “aquí en Burela os veciños comezan a poboar as praias a mediados de Xuño, porque soe ser un mes con bastante bo tempo, e non deixan esa costume ata mediados de Setembro, polo que sería interesante que en lugar de dous foran tres os meses que dura o servizo de socorrismo”. Esta e outras ideas voltarán a ser levadas a ese Comité, posto que o portavoz do bloque foi designado para seguir formando parte dese ente, para tentar dar voz á veciñanza.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



