Barreiros, 29 de xullo de 2015.- O Eido Dourado ofrecerá este domingo, 2 de agosto, un novo concerto dentro da súa programación estival. Trátase da presentación do disco Compromiscuo, un traballo conxunto dos músicos Vadim Yukhnevich e Abraham Cupeiro. A cita terá lugar ás dez da noite e a entrada será gratuíta.
Celso Dourado, impulsor deste espazo cultural, recalcou a calidade desta nova aposta musical: “no Eido Dourado sempre procuramos traer aquelas propostas que aporten algo ao panorama actual. Neste caso presentase o disco Compromiscuo, que corresponde a dous grandísimos músicos, o bielorruso Vadim Yukhnevich e o galego Abraham Cupeiro. Fan unha mestura realmente moi interesante de ritmos de orixe balcánica da Europa do Leste cunha fonda tradición celta. Recordamos que Abraham é un gran lutier, é un gran músico investigador, e reproduce instrumentos case desaparecidos como é o caso do carnyx. De aí que saquen un produto moi pero que moi interesante. Fan unha especie de escenografía con todos estes instrumentos que resulta realmente marabillosa. Estiveron facendo promoción do disco en Madrid e foi todo un éxito dada a orixinalidade do proxecto”.
O artista barreirense anima aos veciños e visitantes da comarca a achegarse pola praia da Pasada, en Barreiros, e pasar un anaco gozando da música: “debido unha vez mais á amizade que me une con eles van presentar o disco no Eido Dourado con toda a súa amplitude. A entrada é libre e gratuíta e aquelas persoas que desexen escoitar unha nova proposta están invitados a este espectáculo. Espero que o tempo nos axude e que saia unha noite fermosa. Merece a pena pola singularidade da proposta e ao mesmo tempo polos instrumentos realmente orixinais e pintorescos aos que Abraham Cupeiro lles fai sacar uns sons impresionantes”.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



