Barreiros, 29 de xullo de 2015.- O Festival Folclórico do Emigrante chega á súa 34ª edición o próximo 1 de agosto, data da cita deste ano dun encontro que xunta a música e as tradicións locais con outras foráneas.
Este ano o cartel do Festival, organizado pola Asociación Folclórica O Arco da Vella de San Miguel de Reinante e no que colaboran o Concello de Barreiros e a Deputación de Lugo, ten programadas as visitas da Agrupación Kriba Budaya, de Indonesia, e da Academic Akud Mika Mitrovic, de Belgrado (Serbia). De moito máis preto chega o Grupo Folclórico la Rosa del Azafrán, procedente de Consuegra, en Toledo, e os anfitrións, a agrupación O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante. As actuacións terán lugar a partir das 22 horas no campo de fútbol de As Valgas de San Miguel e, en caso de choiva, no pavillón.
Logo das actuacións dos grupos comezará na praza do Souto, sobre ás doce e media da madrugada, a verbena a cargo de Lecer.
O Festival do Emigrante, que é Festa de Interese Turístico Galego, foi presentado na mañá deste mércores no Concello polo alcalde, Alfonso Fuente, pola concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, e por membros do Arco da Vella co seu presidente, Enrique Penabad, á cabeza.
No acto tamén se anunciou que a V Foliada do Emigrante será o 7 de agosto, venres, na praza do Souto a partir das 21:30 horas.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



