Ribadeo, 28 de xullo de 2015.- De acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Ribadeo desexa someter á consideración do Pleno a seguinte Moción.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O PP aprobou o pasado 11 de decembro, en solitario, a súa Lei de Seguridade Cidadá coa oposición frontal do PSOE. Trátase dunha “lei mordaza” que rompe o espírito da Constitución e que o PSOE procederá a derrogar en canto regrese ao Goberno. Esta lei non só non contou co respaldo parlamentario dos partidos da oposición senón que foi recorrida ante o Tribunal Constitucional por unha ampla maioría dos mesmos: o PSOE promoveu o recurso de inconstitucionalidade contra a Lei Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de Protección de Seguridade Cidadá, xunto con Esquerda Plural (EU, ICV-EUiA), UPyD, Compromís-Equo, e Coalición Canaria.
Non existe unha demanda social para unha norma absolutamente innecesaria, que supón un recorte de dereitos políticos e civís recollidos na Constitución, polo que o único que busca o Goberno é un retorno ao Estado policial.
Rajoy está a demostrar ser o presidente máis retrógrado da democracia española, está a lexislar soamente para a dereita máis extrema e está a aprobar recortes en dereitos e liberdades en cada Consello de Ministros que se celebra.
É evidente que o Goberno ten medo á contestación social, moléstalle e converte á cidadanía que protesta en cidadáns e cidadás baixo sospeita. A lei mordaza é unha lei desmesurada e desproporcionada, tanto polas restricións que contempla como polo agravamento das contías das multas. Busca castigar máis ofrecendo menos garantías xurídicas á cidadanía.
Con esta lei, por citar varios exemplos, poderase castigar con até 30.000 euros unha manifestación para impedir un desafiuzamento ou con até 600 euros as faltas leves, que son as máis comúns. Poderase multar a quen difunda imaxes de antidisturbios golpeando sen necesidade a manifestantes, ou considerar unha ameaza á seguridade cidadá negarse a mostrar o DNI. Ademais, aqueles que participen nunha manifestación espontánea, isto é, non notificada previamente á Delegación do Goberno -cousa que ocorre no 50% das protestas- poderán ser tamén multados.
Ao Goberno do PP moléstalle a xente na rúa, pero o problema non son os cidadáns e cidadás que critican a acción do Goberno e as súas políticas antisociais. Se á dereita gobernante quere frear as protestas sociais que tanto lles perturban, o que debe facer é rectificar a súa política económica e botar freo á desigualdade, pero non arremeter contra o cidadán que protesta na rúa. Con esta lei, o PP demostra que non acepta o dereito á queixa e á discrepancia.
É evidente que coa escusa da crise, o PP recortou os dereitos sociais. Agora, coa escusa da seguridade, busca limitar as liberdades políticas e civís. Un novo recorte de dereitos que se suma aos xa perpetrados durante estes tres anos do PP en educación, sanidade, dereitos laborais, xustiza.
Os socialistas seguiremos traballando para preservar a cohesión social, a liberdade e a igualdade de oportunidades de toda a cidadanía, impulsando desde os municipios as prestacións necesarias de servizos sociais e promovendo a reinserción social das persoas en situación de maior vulnerabilidade. Medidas de prevención, que, desde as entidades locais, poden asegurar o desexable benestar da nosa cidadanía e os seus dereitos e liberdades, axudando a “minimizar” o efecto da mal chamada Lei de Protección de Seguridade Cidadá.
Por estas razóns pretendemos que o PP retire a “lei mordaza”, porque lima a cohesión social, cuestiona frontalmente o Estado de Dereito e limita os dereitos e as liberdades de cidadanía que conquistamos nestes anos de democracia desde que se aprobou a Constitución no ano 1978.
Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista no Concello de Ribadeo somete a votación a seguinte MOCIÓN para ser aprobada e na que se insta ao Goberno de España a:
Retirar a Lei Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de Protección de Seguridade Cidadá (Lei Mordaza) porque restrinxe indebidamente o exercicio dos dereitos e as liberdades da nosa cidadanía e representa un ataque frontal ao noso Estado de Dereito.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



