Villaronte, 6 de xullo de 2015. O Campo de Fútbol de O Castro, en Villaronte (Foz), acollerá, a fin de semana do 10, 11 e 12 de xullo o XXI Torneo de Fútbol 7. O prazo para anotarse nesta cita deportiva remata este mércores, 8 de xullo, ás 17.00 horas, momento no que se procederá a facer o sorteo público (a través de Radio Foz) dos cadros de xogo. Ata o momento, e aínda que xa son moitos os equipos anotados, quedan prazas libres para participar nun evento que dende a organizanción están convencidos se converterá “nunha auténtica festa do fútbol”.
A inscrición ten un custe de 120 euros por equipo, e cada un deles estará formado, como máximo, por un total de 16 xogadores. Así mesmo, poderán inscribirse ata 24 equipos. Para formalizar as inscricións ou solicitar máis información poden poñerse en contacto coa organización a través do enderezo electrónico futbol7vilaronte@gmail.com ou nos teléfonos 669 10 68 17 – 671 21 41 03.
2.500 euros en premios
Nesta XXI edición repartiranse 2.500 euros en premios (sempre e cando participen 24 equipos), ademais dos trofeos correspondentes. Así, o primeiro clasificado recibirá 1.500 euros máis trofeo, o segundo 700 euros e trofeo, mentres que para o terceiro clasificado está previsto un premio de 300 euros, acompañado de trofeo. Asemade, haberá trofeos para o cuarto clasificado, así como para o máximo goleador do campionato e para o porteiro menos goleado.
Coa organización deste torneo, que conta coa colaboración da área de Deporte da Deputación de Lugo e do Concello de Foz, así como da Asociación Sociocultural O Castro, de Villaronte, preténdese ofrecer “unha fin de semana para practicar un deporte ‘de masas’, que máis que nunha competición, se converterá nunha oportunidade para pasar un rato agradable entre amigos fomentando as relacións sociais e conceptos como a solidariedade e o compañeirismo no deporte”.





















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
