Madrid, 20 de xullo de 2015.- Alcoa anunciou este luns que Rubén Bartolomé foi nomeado Presidente de Alcoa España con efectos a partir do 1 de agosto de 2015. Rosa M. García Piñeiro, actual Presidenta da compañía en España e Directora de Sostibilidade para Europa, asume o cargo de Directora Global de Sostibilidade de Alcoa, posto de nova creación. Bartolomé asumirá as responsabilidades de Presidente da compañía no país, en adición ás de Director Xeral da unidade de negocio de Produtos Primarios de Alcoa en España.
Simon Baker, Presidente de Alcoa en Europa, manifestou a súa satisfacción con este nomeamento xa que “permite lograr o doble obxectivo de fortalecer a área de sostibilidade global de Alcoa co liderazgo de Rosa, á vez que mantemos un forte liderazgo en España con Rubén, incrementando as súas responsabilidades”.
Rubén Bartolomé
Como presidente de Alcoa España, Bartolomé liderará os centros da compañía no país e asumirá a responsabilidade das prantas de Produtos Primario en España – A Coruña, Avilés e San Cibrao-, así como as relacións co goberno, sindicatos, institucións e outras partes interesadas, co obxectivo de asegurar o éxito dos negocios de Alcoa no país.
Rubén Bartolomé é Director Xeral da unidade de negocio de Produtos Primarios España e Director Xeral de Alcoa San Cibrao desde 2012. A súa carreira en Alcoa iniciouse en 1989 como Enxeñeiro de Proceso na pranta de Avilés, onde asumiu de maneira progresiva novas responsabilidades nas áreas de mantemento e saúde, seguridade laboral e medio ambiente, ata que en 2005 foi nomeado Director da fábrica asturiana. Tres anos máis tarde trasladouse a San Cibrao (Lugo) como Director da fábrica de Aluminio e do Complexo Industrial da Mariña lucense. Rubén é enxeñeiro industrial pola Universidade de Oviedo e Máster en Administración de Empresas de Euroforum.
Rosa García Piñeiro
García Piñeiro foi nomeada Directora Global de Sostibilidade co encargo de liderar a Oficina de Sostibilidade Global de Alcoa, de nova creación, e a misión de establecer as estratexias globais da compañía sobre cambio climático.
Rosa incorporouse a Alcoa en 1999 como Enxeñeiro de Saúde, Seguridade e Medioambiente da fábrica de San Cibrao e desempeñou distintos postos en Auditoría Interna e como Directora de Sostibilidade e de Saúde, Seguridade e Medioambiente para Europa. Foi nomeada Presidenta da compañía en España en marzo de 2014. Rosa é enxeñeira industrial pola Universidade de Vigo, máster en Xestión Ambiental pola Escola de Organización Industrial de Madrid e Executive MBA pola Universidade de Xenebra.
Acerca de Alcoa
Alcoa, líder mundial en produción, enxeñería e tecnoloxía de metais lixeiros, innova aportando solucións multi-materiais que contribúen ao avance da nosa sociedade. As nosas tecnoloxías aportan melloras ao transporte, desde o automóbil e transporte comercial ao aéreo e viaxes espaciais, e mellora os produtos industriais e de electrónica de consumo. Facemos que sexa posible ter edificios intelixentes, envase de alimentos e bebidas sostible, vehículos de defensa de aire, terra e mar de alto rendemento, perforacións de petróleo e gas máis profundas e xeración de enerxía máis eficiente. Fomos pioneiros na industria do aluminio fai máis de 125 anos e, hoxe en día os nosos 59.000 empregados en 30 países contribúen a servir produtos de valor engadido de titanio, níquel e aluminio, e obteñen a mellor bauxita, alúmina e aluminio primario. Para obter máis información, visite www.alcoa.com, siga @Alcoa en Twitter en www.twitter.com/Alcoa e en Facebook en www.facebook.com/Alcoa.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



