Ribadeo, 30 de xullo de 2015.- O alcalde, Fernando Suárez, asegura que xa hai días lle esixiu á empresa que fixo a obra do parque infantil de San Francisco arranxar as deficiencias detectadas. E engade que moitas das normas nas que se basea o informe presentado polo PSOE non son de obrigado cumprimento, senón que se trata de recomendacións.
O rexedor manifestou: “a respecto deste informe que presenta o PSOE sobre o estado do parque, deste informe privado emitido por unha empresa privada, dicir que non é nada novo baixo o sol, de feito hai xa días lle esiximos á empresa que fixo o parque para que arranxe determinadas deficiencias que se encontraron unha vez recibida a obra no que ten que ver con vicios ocultos”.
Suárez Barcia indicou que “con todo algunhas deficiencias que sinalan se estudarán pola dirección de obra, de feito xa din instrucións para que o director de obra informe sobre o contido deste escrito presentado por rexistro no día de onte. E aínda que moitas das normas sobre as que se basean non son de obrigado cumprimento, son recomendacións, en todo caso nós queremos, que sempre que sexan algo positivo que redunde na calidade do servizo, telas en conta”.
O alcalde agradeceu moito “o posicionamento que o representante do PSOE ten sobre esta circunstancia, que politicamente espero que este sexa o símbolo desta oposición construtiva que vai facer nos vindeiros catro anos, porque sempre que redunde no benestar de todos os veciños se terá en conta”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



