Ribadeo, 28 de xullo de 2015.- A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza esta semana as súas XIII Xornadas de Historia Local.
Esta edición está dedicada a Ribadeo como suxeito literario e desenvolveranse ao longo de dous días ás 20.30 h no salón de actos da Casa do Mar.
O xoves 30 de xullo o profesor e crítico Suso Fernández Acevedo presentará o relatorio Ribadeo na literatura no que repasará a presenza de Ribadeo na obra de escritores ribadenses e foráneos.
O venres 31 de xullo será o día da mesa redonda onde tres autores concretos (Carmen Blanco, Santiago Jaureguízar e Xavier R. Baixeras) porán en común o trazo que a nosa vila debuxou en concreto na súa obra.

























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



