O curso de Informática para a Mocidade, que se celebraba estes días na Aula CeMIT de Ribade, rematou este venres 28 de agosto. A actividade, impartida do 25 ao 28 deste mes, estivo dirixida a rapaces con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos. Durante estes días recibiron formación sobre “editor de textos, presentacións, formularios e editor de imaxes, entre outras cousas”. O curso foi organizado pola Concellaría de Mocidade. Pola Aula CeMIT pasou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez, quen se amosou satisfeito “pola realización deste tipo de obradoiros e pola acollida que teñen entre os mozos e mozas de Ribadeo. Neste sentido seguiremos a traballar ao longo dos vindeiros meses”.
Remata o curso de informática para a mocidade en Ribadeo
Remata o curso de informática para a mocidade en Ribadeo
Relacionado
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional
-
O Concello de Vilalba, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron na Sala Ramón Guntín de Vilalba, a mostra «Castelao grafista (facsímile)»
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso