Santiago, 9 de agosto de 2015.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro acompañada da delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén Mª Do Campo participaron este domingo no Tren Turístico que percorre a Ruta dos Faros, un dos sete itinerarios que constitúen o programa ‘Galicia a todo tren’, promovido por Turismo de Galicia coa colaboración de Renfe e o Inorde.
Durante o treito de percorrido que une Ribadeo e O Barqueiro, Nava Castro outorgoulle un distintivo ao pasaxeiro mil desta nova edición dos trens turísticos de Galicia. A directora de Turismo de Galicia sinalou que o dito distintivo do viaxeiro 1.000, certifica que o programa ‘Galicia a todo tren’ está a acadar unha grande acollida un ano máis.
Nava Castro explicou que os trens turísticos de Galicia estanse a consolidar como un dos produtos turísticos máis demandados deste verán dende que a mediados do mes de xuño empezou a funcionar este servizo turístico que considera sete itinerarios distintos relacionados coa Ruta dos Faros, cos Pazos e Xardíns Históricos e coas cinco denominacións de orixe protexida dos viños de Galicia.
Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta sinalou que para esta terceira edición, os itinerarios foron mellorados para incrementar aínda máis o seu atractivo e a oferta do programa ampliouse o que potencia a competitividade de Galicia como destino turístico.
Éxito de ocupación
Está terceira edición do programa está constituído por 57 trens que ofertan un total de 2.524 prazas, 74 prazas máis que o pasado ano, e na súa maioría estase a chegar a un 90-100% de ocupación.
Neste senso, a directora de Turismo de Galicia sinalou que de seguir así, superaríanse os xa incribles datos alcanzados pola campaña do pasado verán que rexistrou máis de dous mil viaxeiros e unha ocupación do 82%, alcanzando as rutas de Valdeorras-Ribeira Sacra e a que circulou exclusivamente pola Ribeira Sacra unha ocupación do 100%.
“Esperamos que, tanto esta Ruta dos Faros coma o resto das rutas temáticas que constitúen o programa, continúen con este rotundo éxito nos seus próximos percorridos que están dispoñibles os fins de semana de agosto e setembro”, concluíu Nava Castro.
Sondaxe de ocupación na Mariña Lucense
O Tren Turístico que percorre a Ruta dos Faros mostra algúns dos mais emblemáticos puntos turísticos da Mariña Lucense.
Esta semana, o Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia realizou unha sondaxe nos establecementos de aloxamento de Ribadeo, Barreiros, Viveiro e Foz co obxectivo de medir o nivel de ocupación do verán nestes concellos da Mariña Lucense.
Para o conxunto dos catro municipios rexistrouse unha ocupación media do 72,32% no pasado mes de xullo. Ribadeo foi o concello que presentou unha porcentaxe máis elevada cun promedio do 82,15%.
Nunha desagregación por tipoloxías foron os apartamentos turísticos os que presentaron no mes de xullo unha maior ocupación, superando o 80% da media. Seguiron os hoteis cunha ocupación do 79,1%, os establecementos de turismo rural cun 68,9%, as pensións cun 68,6% e finalmente os cámpings con arredor do 64,5%.
Na comparativa co mesmo período do 2014, un 85,9% dos establecementos consultados indicaron que os resultados desde mes de xullo foron iguais ou mellores que os do mesmo período do pasado ano.
Segundo as cifras apuntadas polos establecementos consultados, as expectativas actuais para o mes de agosto sitúan a porcentaxe de ocupación por encima do 90% en Ribadeo, Barreiros e Viveiro. En Foz estiman poder chegar ao 71,8%.
A nivel de tipoloxías de aloxamento as expectativas sitúan o nivel de ocupación por encima do 90% na maior parte das mesmas.



















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



