O pasado venres 7 de agosto, os nenos e nenas de Alfoz que participan nos Campamentos de Verán, puideron gozar un ano máis da actividade organizada polo Concello de Alfoz en colaboración co Instituto Galego de Consumo “Lecer Consumo”.
Nesta ocasión, e coa intención de achegar á poboación máis miúda os valores do consumo responsable, organizáronse actividades participativas e lúdicas en torno a dúas temáticas. Unha delas foi “Un lecer máxico”, onde os partipantes máis pequenos quedaron abraiados cun contacontos e coa propia creación dun xoguete máxico.
Co grupo de maiores, a oferta foi moi variada. Primeiro participaron nunha xincana, logo analizaron publicidade e finalmente realizaron un anuncio publicitario sobre as diferentes alternativas de lecer que se poden realizar en Alfoz.
Agora, só queda esperar a que chegue o mes de setembro para poder ver e votar o vídeo a través da páxina de facebook da Escola Galega de Consumo, que sen dúbida obterá moi bos resultados, tanto polo máxicos que resultan os protagonistas como polo enclave no que se realizou, no entorno do Castelo de Castro de Ouro, lugar no que discorreron tódalas actividades.
Sendeirismo
Seguindo coas actividades de verán, o próximo venres 14 farase unha ruta de sendeirismo na que participarán tanto os rapaces dos campamentos de verán coma os acompañantes que así o desexen. A ruta transcorrerá pola senda da marxe do río Ouro e dará comezo ás 11.30 horas na Área Recreativa da Ponte Nova.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



