O Vicedo, 3 de agosto de 2015.- Esta semana a actividade de natureza consiste en remontar o Rio Sor en kayaks e ademais co aliciente de facelo pola tarde, coa caida do sol. O punto de partida será o muelle de Vicedo as 19h. A excursión partirá do porto pesqueiro do Vicedo para cruzar a ría, pasar por debaixo das pontes sobre o Sor e continuar, xa rio arriba, pasando moi preto da Illa de San Martiño, a zona de Creximil e a área recreativa de Ribeiras do Sor. A actividade ten un prezo de 15 ? por persoa e faise en kayaks insumerxibles da empresa Actividades Estaca. As anotacións deben facerse no teléfono 982 59 01 95 ou no mail concello@concellodovicedo.org



















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



