Ribadeo, 5 de agosto de 2015.- As actividades da 25ª edición da Semana Náutica Ría de Ribadeo comezan este xoves día 6, co cuarto trofeo ACISA de cruceiro local, que está programado para as cinco da tarde. A inscrición dos participantes realizarase media hora antes e a proba non se celebrará en caso de que non haxa un mínimo de 5 embarcacións para competir. Así o explicou o presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, quen explicou que se fará do mesmo xeito en todas as demais regatas incluídas no programa da Semana Náutica.
As actividades continuarán “o venres 7, cando haberá o XVI trofeo Abanca de vela tradicional; o sábado día 8 teremos varias actividades, porque ás 10 da mañá terá lugar o quinto trofeo Real Club Náutico de Ribadeo e o campionato de infantil de pesca, ás 11 temos o segundo trofeo Seat-Talleres Armando correspondente ás escolas de verán de vela lixeira, para os rapaces que estiveron durante todo o ano na escola de vela, e ás 5 da tarde, como sempre, o XVII trofeo de Paradores, tamén de vela lixeira; o domingo día 9 ás 11 da mañá temos o trofeo da escola municipal de vela lixeira, tamén para aqueles rapaces que estiveron na escola de vela do Concello; e ás 5 da tarde terá lugar o XVII trofeo da Deputación de Lugo de vela lixeira; o luns 10 temos o 25º trofeo Concello de Ribadeo de vela tradicional, que se ven celebrando desde o principio e non houbo ningún ano que se deixara de facer; o martes día 11 temos o quinto trofeo Abanca de cruceiro local; o mércores 12, o cuarto trofeo Semana Náutica, tamén de cruceiro local; e o xoves día 13 por fin podemos facer este ano unha zalea, que non será a Abres, como se viña facendo de forma tradicional e que levábamos dous anos sen poder realizala por mor das dificultades que pon a Confederación Hidrográfica para que se poidan facer estas actividades e este ano aínda que conseguimos o permiso coincidía para un día no que non a podemos facer porque era o último día de agosto e a maioría dos socios xa non están en Ribadeo; e, por outro lado, a marea non era precisamente a máis adecuada. Polo tanto, para dar unha satisfacción a todos aqueles socios que non estaban pedindo que se fixese unha zalea e tendo en conta que agora as instalacións do muíño de mareas da Aceas están reconstruídas e teñen un área recreativa que pode acoller a nosa estancia alí, pensamos que podía ser unha forma de ter unha pequena zalea, non moi grande porque é cerquiña, pero podemos facela todo o longa que queiramos pois dar voltas pola ría tamén é bonito. E o sábado día 15 ás 20 horas faremos a entrega de trofeos desta Semana Náutica”, anunciou Ramón Acuña.
O presidente do Náutico ribadense destacou que “para nós esta Semana Náutica implica dúas cousas: poder seguir ano tras ano facéndoa e nesta edición rendemos unha pequena homenaxe a un dos nosos socios falecido xa hai uns anos, Alberto Pelegrín, que ademais das dúas dotes de bo navegante e de bo xestor, como demostrou cando este club se puxo en marcha pois el foi un dos homes que estivo aquí sempre ao carón da xente que quixo facer posible esta iniciativa, tamén tiñan unha faceta, que eu descoñecía, de pintor excepcional. Entón no cartel desta Semana Náutica reprodúcese un dos seus cadros e no programa de man vai ese e tamén outro, nos que se reflicten a arte que tiña este home. É unha maneira sinxela pola nosa parte de renderlle homenaxe a todos aqueles que sempre puxeron en valor o Real Club Náutico de Ribadeo”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



